Unha avogada da asociación desprazarase a Vilalba o segundo martes de cada mes para atender as persoas derivadas desde os servizos sociais municipais
Vilalba, 7 de outubro de 2026. O Concello de Vilalba pon en marcha un novo servizo de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría grazas a un convenio de colaboración con Movemento pola Paz, entidade sen ánimo de lucro especializada neste ámbito. A través deste acordo, unha avogada da asociación desprazarase ao municipio o segundo martes de cada mes para atender, con cita previa, ás persoas derivadas polos Servizos Sociais municipais.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, subliña que o obxectivo é facilitar o acceso a unha atención xurídica especializada sen que as persoas usuarias teñan que desprazarse fóra da localidade. Destaca tamén o papel dos Servizos Sociais como porta de entrada a este recurso, permitindo ofrecer acompañamento e respostas máis completas ás situacións que se presenten.
Como primeira actividade vinculada á colaboración, o martes 13 de outubro, ás 10:30 horas, celebrarase na Casa da Cultura unha charla informativa sobre a regularización extraordinaria baixo o título “Que sucede despois da concesión?”. A sesión, impartida pola avogada de Movemento pola Paz, ofrecerá información clara sobre os pasos posteriores á concesión da regularización e resolverá dúbidas habituais.
O Concello destaca que este novo servizo pretende ser un recurso próximo e accesible, achegando orientación xurídica especializada ao municipio e reforzando o traballo que se realiza desde Servizos Sociais.



















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.


