Xove, 5 de outubro de 2026. O BNG de Xove levou ao Pleno ordinario do mes de outubro dúas iniciativas relacionadas coa seguridade viaria, co obxectivo de reclamar actuacións que permitan reducir riscos e mellorar a protección das persoas usuarias das vías e das veciñas e veciños que viven nestas zonas.
Unha das iniciativas, presentada polo concelleiro Miguel X. García Rodríguez, recupera unha demanda formulada xa en 2023 para actuar nas inmediacións do Centro Social de Lago, concretamente na vía de acceso ao tecido industrial de Lago e ao polígono de Morás. O BNG considera necesario incorporar medidas que contribúan a reducir a velocidade dos vehículos e mellorar a seguridade na zona, especialmente para as persoas que transitan a pé e para as familias que viven nas proximidades.
A segunda iniciativa, presentada pola concelleira-portavoz Pilar Vázquez Sánchez, céntrase na situación existente en Palmeiro, onde os elementos instalados para evitar as saídas da vía non ofrecen, ao entender do BNG, unha solución suficiente, xa que rematan antes da curva. Trátase dun punto especialmente sensible, onde hai catro anos se produciu un tráxico accidente no que perderon a vida catro mozos. Por este motivo, o BNG considera necesario revisar as medidas existentes e adoptar as actuacións precisas para garantir a seguridade neste tramo.
Por outra banda, o BNG tamén reclamou que se informe previamente á veciñanza dos cortes no subministro de auga que sexan planificables, ben a través das redes sociais municipais ou mediante avisos escritos que poidan colocarse nos portais das zonas afectadas. Desde o BNG sinalan que nos últimos meses xa se produciron varias situacións deste tipo, polo que consideran útil mellorar os mecanismos de comunicación coa veciñanza. A proposta, aclaran, non se refire ás avarías ou incidencias imprevistas que requiran unha intervención de urxencia, senón a aqueles cortes que poidan ser programados e comunicados con antelación. Un aviso previo permitiría ás familias tomar as precaucións necesarias e evitar situacións incómodas ou problemas derivados de quedar sen subministro sen coñecemento previo.
Desde o BNG de Xove consideran que se trata de medidas sinxelas que poden contribuír a previr riscos, mellorar a seguridade e facilitar a información á veciñanza, favorecendo así un mellor funcionamento dos servizos municipais.






















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



