Barreiros, 6 de outubro de 2026. O vindeiro domingo, 11 de outubro, a Praza do Concello acollerá unha nova edición do Mercadiño no Outono, unha xornada de encontro veciñal con preto de 40 postos de produtos de proximidade e máxima calidade. A iniciativa está organizada polo Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A programación comezará ás 11:00 horas coa apertura dos postos e a actuación do grupo de gaitas da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ás 11:30 horas celebrarase o faladoiro Lambiscadas Científicas, centrado nas enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia e nas medidas de prevención.
A música volverá ás 12:00 horas coa actuación de Lorena Doval & Manu Arroyo. Media hora despois iniciaranse as degustacións de produtos de razas autóctonas, dentro do programa Un gusto de rural, un rural degusto, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo en colaboración con BOAGA e ASOPORCEL. As persoas que merquen nos postos recibirán un vale para participar na degustación.
Ás 13:00 horas, FRUGA presentará o Túnel do Viño, dedicado aos viños tintos da provincia de Lugo, co obxectivo de achegar ao público a riqueza e diversidade dos tintos lucenses.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase un taller de cestería para elaborar un cesto de outono, con prazas limitadas e inscrición previa ata o 9 de outubro. Ás 17:30 horas haberá degustación de castañas asadas de balde, e ás 18:00 horas, actividades infantís abertas á cativada.
A xornada pecharase ás 19:30 horas coa actuación do Coro Airiños do Mar de Barreiros, antes do tradicional sorteo e o peche do mercado ás 20:00 horas.
A alcaldesa, Ana Ermida, destacou que o mercadiño é “un lugar de encontro onde a veciñanza se reúne para desfrutar dunha xornada diferente, con actividades para todos os públicos”. Pola súa banda, o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García, subliñou que cada edición busca ofrecer novidades e reforzar o vínculo co rural e cos produtos da terra.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



