Alfoz-Valadouro, 3 de outubro, 2026. Hoxe celebrouse a V Carreira Alfoz–Valadouro, unha proba que volveu reunir a centos de corredores e afeccionados ao deporte nun ambiente festivo e de convivencia entre ambos concellos. A carreira, organizada conxuntamente polo Concello de Alfoz e o Concello do Valadouro, contou con diferentes categorías, tanto infantís como absolutas.
Na entrega de premios estiveron presentes Manono Otero Cadramón, xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; Dani García, deputado provincial de Mocidade; Efigenia Maseda, alcaldesa de Alfoz; José Manuel Lamela, alcalde do Valadouro; Eliseo Lorenzo, concelleiro de Deportes de Alfoz; e Lorena Díaz, concelleira de Cultura do Valadouro.
Os participantes percorreron un circuíto que uniu as dúas vilas nun entorno natural incomparable, con saída desde Alfoz e meta no Valadouro, poñendo en valor a colaboración intermunicipal e a promoción do deporte como ferramenta de cohesión social.
No podio masculino, o triunfo foi para Álvaro Pico Fernández, seguido de Óscar Murado Expósito e Toni Cabanela Ramudo.
Na categoría feminina, impúxose Lucía Abel Paz, completando o podio Silvia Castelo Bouza e Patricia Iglesias Gómez.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, destacou que “esta carreira é xa unha cita moi especial para os dous concellos, que cada ano consegue reunir a persoas de todas as idades arredor do deporte e da convivencia. É unha satisfacción ver a resposta da veciñanza e o ambiente que se crea en cada edición”.
Pola súa banda, o alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, puxo en valor “o traballo conxunto entre os dous concellos para sacar adiante iniciativas que dinamizan o territorio e fomentan a práctica deportiva”, e agradeceu “a colaboración de todas as persoas, entidades e voluntariado que contribúen a que a carreira siga medrando edición tras edición”.
A V Carreira Alfoz–Valadouro contou coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e numerosos patrocinadores locais que contribuíron ao éxito desta nova edición.


























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.


