Os populares urxen, ante a grave situación das familias, a explorar todas as posibilidades urbanísticas e legais para tratar de evitar a demolición das vivendas de Lóngara: “Necesitan solucións, non escusas”
Barreiros, 7 de outubro de 2026. A documentación oficial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Barreiros confirma que “o BNG mantivo o PXOM nun caixón nestes preto de 8 anos de goberno no Concello” e que “aínda non presentou documentación oficial definitiva para a súa aprobación inicial”.
Así o explica o portavoz do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, despois de consultar a documentación do expediente que revela que “no ano 2018 o anterior goberno do Partido Popular presentara documentación que incorporaba informes sectoriais” que, ademais, “son perfectamente válidos a día de hoxe”.
O popular lamenta que “o goberno do BNG non avanzara practicamente nada”. A documentación oficial acredita que non foi ata o 13 de marzo de 2026 cando se recibiu un novo documento de traballo, limitado á planimetría e ás ordenanzas do PXOM para revisión e corrección de erros.
“É difícil explicar que, despois de preto de oito anos de goberno, o BNG siga revisando planos e corrixindo erros sobre a documentación de 2018 para poder presentar o PXOM á súa aprobación inicial. Tempo tiveron. O que faltou foi impulso político”, afirma Gómez Puente.
Os servizos de Secretaría-Intervención e Arquitectura municipal emitiron un informe conxunto o 27 de agosto cunha proposta para a corrección dos erros detectados. Pero os informes sectoriais xa emitidos seguen sendo válidos neste momento, toda vez que a documentación presentada este ano non introduce cambios substanciais.
“Polo tanto, non estamos ante a necesidade de empezar de cero. O traballo feito segue servindo e, oito anos despois, o BNG continúa traballando sobre a documentación presentada en 2018 sen ter sido capaz de levar o PXOM á súa aprobación inicial”, incide.
“SEIS FAMILIAS NON PODEN PAGAR A PARÁLISE DO BNG”
Os populares destacan que a certificación municipal sinala que, na documentación actual do PXOM, a zona das seis casas de Lóngara afectadas pola sentenza que implica a súa demolición figura como solo urbanizable, acollido á disposición transitoria 7ª da Lei 2/2026 do Solo de Galicia.
“Se a documentación actual contempla a zona como solo urbanizable, o Concello debe explorar ata a última posibilidade para tratar de evitar as demolicións. Son seis familias que necesitan solucións, non escusas”, subliña.
“PXOM AVANZADO POLO PP CON ATRANCOS DO BNG”
Os populares urxen, polo tanto, á alcaldesa e ao goberno municipal a “traballar para aprobar o PXOM que recibiu moi avanzado do anterior goberno do PP, explorando todas as posibilidades legais para tratar de incorporar unha solución urbanística que contribúa a evitar a demolición das vivendas de Lóngara”.
Gómez Puente considera que se trata dunha situación grave para as familias afectadas e á que “se debe dar unha resposta útil, máis alá da confrontación política sobre o pasado”.
“O BNG leva preto de oito anos gobernando Barreiros. Xa non pode seguir buscando escusas nin botando balóns fóra. Esta parálise ten consecuencias e non poden pagalas seis familias que viven coa ameaza de perder as súas casas. Oito anos son máis que suficientes: menos escusas, máis solucións e todo o esforzo para defender ás familias de Lóngara”, conclúe.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



