Barreiros, 6 de outubro de 2026. O pleno municipal de Barreiros acordou instar á Xunta de Galicia a que rectifique na súa decisión de excluír os campamentos municipais do programa “Bono Concilia Familias” 2026, garantindo o acceso a todas as familias, con independencia do servizo que solicitaran, público ou privado.
A proposta defendida no pleno pola alcaldesa, Ana Ermida, responde á decisión da Xunta de deixar fóra das solicitudes de axudas as actividades organizadas polos Concellos, como é o caso dos campamentos de verán que se organizan desde o Concello de Barreiros.
O acordo foi tomado cos votos favorables do goberno e a abstención do Partido Popular que argumentou estar pendente de saber a razón pola que os campamentos de Barreiros non foran subvencionados pola Xunta nesta anualidade para poder posicionarse sobre o acordo.
Ana Ermida explicou que “A Xunta de Galicia publicou no mes de setembro as bases para concorrer ás axudas do “Bono Concilia Familia”, coas que se pretende que as familias que precisan actividades de conciliación poidan obter axudas para as mesmas.
Como novidade neste ano non se permite xustificar gastos de actividades organizadas polos Concellos, baixo o pretexto de que ditas actividades xa reciben financiamento da Xunta mediante o programa “Corresponsables” dirixidos aos Concellos. Deste xeito, as familias coñeceron a posteriori de ter escollido e desfrutado das súas actividades que, por exemplo, os campamentos de verán organizados polo Concello de Barreiros, que ofertan un total de 420 prazas non poderían ser susceptibles de axuda ás familias.
Esta medida, ademais de ser profundamente inxusta; especialmente no caso de Barreiros no que o Concello quedou tamén excluído das axudas da Xunta, tendo que buscar o financiamento noutras Administracións e soportando un esforzo importantísimo a nivel municipal; é tamén unha medida claramente ideolóxica: “prémiase” a quen escolla actividades ou campamentos privados, especializados ou singulares, xustificándoo cunha aura de liberdade de escolla que non é máis que a potenciación das actividades privadas e o fomento das mesmas cun sesgo claramente elitista.
Esta cuestión non é menor, tendo en conta ademais de que os custos que teñen que asumir as familias nese tipo de campamentos son moito maiores que nos campamentos municipais, especialmente en Barreiros, onde se realiza un esforzo por non deixar a ninguén atrás. Pero ademais, hai que ter en conta que as axudas do Bono Concilia se outorgan sen criterio económico algún, sendo a orde de chegada o criterio para a obtención ou non; premiando a rapidez ou a dispoñibilidade para solicitalas. Polo tanto, as familias con menos capacidade económica resultan dobremente prexudicadas: a súa liberdade de escolla atópase limitada pola capacidade económica, sabendo que se optan por un recurso público (como os campamentos do Concello de Barreiros) por ser máis económicos, non poderán optar á axuda da Xunta de Galicia”.
O acordo adoptado insistía tamén na necesidade de que as Administracións Públicas garantan a igualdade de recursos e actúen como elemento de equidade, polo que se demanda un maior financiamento para os programas organizados polos Concellos.
Ermida concluíu asegurando que “o lóxico para unha Administración Pública que queira fomentar a utilización de actividades de conciliación polas familias tamén como instrumento educativo, sería dotar de fondos suficientes ás entidades públicas que as organizan baixo criterios educativos e sociais que garantan a calidade dos servizos e a posibilidade real de acoller a demanda existente nas familias galegas; axudando realmente ás entidades locais que albergan estas actividades e non contrapoñéndoas coas organizadas desde o eido privado”.





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



