O director de Administración e Relacións coas Asociacións Amigos do Camiño do Plan Xacobeo e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron na xornada de divulgación do proxecto que conta con financiamento do Goberno galego
Mondoñedo, 6 de outubro de 2026.- O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participaron este martes en Mondoñedo na presentación de ‘O son das campás no Camiño’, unha iniciativa impulsada pola Asociación O Camiño Norte co apoio de Turismo de Galicia.
‘O son das campás no Camiño’ naceu coa vontade de fomentar o asociacionismo, a colaboración cidadá e a participación dos distintos axentes locais, recuperando unha tradición vinculada á historia e á identidade de Mondoñedo. Ao mesmo tempo, pretende converter o patrimonio sonoro local nun novo atractivo para as persoas que percorren o Camiño do Norte.
O proxecto recupera o significado que historicamente tiveron as campás como elemento protector das comunidades, convertendo este son nun espazo de encontro cultural e musical entre a poboación local, visitantes e peregrinos, no que conflúan patrimonio, música, tradición e espiritualidade.
‘O son das campás no Camiño’ estrutúrase en tres ámbitos de actuación. A primeira proposta é ‘Paula e o Peregrino’, que se desenvolverá tres días á semana —en principio, martes, xoves e sábados— durante o período do proxecto. Ten lugar media hora antes do inicio da Misa do Peregrino, que se celebra diariamente na Santa Igrexa Catedral Basílica de Mondoñedo, ás 20.00 horas, e dura uns 15 minutos.
De Catedral a Catedral busca poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da cidade e potenciar a súa oferta cultural, ao tempo que contribúe á dinamización económica e turística da comarca. A actividade pretende que, ademais do campaneiro, cinco peregrinos poidan participar directamente no toque manual das campás.
Con máis de 1.300 quilos de peso, ‘A Paula’ constitúe un dos símbolos sonoros de Mondoñedo e presenta a singularidade de ter conservado o seu toque manual tradicional, sen chegar a ser electrificada.
Conversa das campás
A segunda actividade leva por título ‘A conversa das campás’, que se desenvolve dúas veces ao mes. De maneira rotatoria, tocaranse manualmente as campás das distintas igrexas de Mondoñedo, unha de cada vez, ás que responderán posteriormente as campás da Catedral.
Finalmente, unha vez ao ano celebrarase ‘O Son das Campás no Camiño’, un concerto de campás no que participan os campanarios das igrexas de Mondoñedo, tendo como principal referente o campanario da Santa Igrexa Catedral Basílica.
A proposta contribúe a ampliar a oferta cultural vinculada ao Camiño de Santiago e a ofrecer ás persoas peregrinas novas formas de coñecer e experimentar o patrimonio das localidades polas que discorre a ruta.
A Asociación O Camiño Norte. De Catedral a Catedral está integrada por tecido empresarial de Mondoñedo e naceu co obxectivo de promover o Camiño do Norte e poñer en valor a relevancia histórica, cultural e patrimonial de Mondoñedo como cidade fundamental da ruta xacobea cara a Santiago.
A Xunta de Galicia participou no financiamento do proxecto no marco das axudas deste 2026 ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación nas que se investiron 300.000 euros.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



