Ribadeo, 7 de outubro de 2026. A empresa produtora de setas Shiifos integrouse recentemente na Asociación de Comerciantes, Industriais e Servizos (ACISA) de Ribadeo para “apoiar o comercio local e poñer en valor os produtos de proximidade e calidade”, explica o xerente da firma, Jesús López Penabad, quen lembra que Shiifos “naceu como consecuencia dunha carta enviada polo anterior alcalde, Fernando Suárez, na que dicía que ao redor das vivendas tiña que haber unha franxa de protección e que había que cortar os eucaliptos, pero foi unha confusión porque realmente no meu monte non había desas árbores senón unha masa de frondosas, que foi plantada por meu pai hai case 40 anos”. A finca, que está en Remourelle, chámase Cerrado do Muín, porque estaba pechada con pedra e ten un muíño.
Jesús López Penabad tamén comenta: “naquel momento decidín facer un clareo na masa de frondosas e cortei todo o que estaba máis próximo á casa, que eran castaños. Esa madeira non atopei a quen vendela e nesa época un veciño de Alfoz faloume duns rapaces de Santolaya de Cabranes (Asturias) dedicados ao cultivo de shiitake polo método tradicional xaponés. Alí fomos, asesoráronos e vendéronos os inoculadores. E así empezamos con Shiifos no ano 2016 Pedro e eu, pero el tivo que deixalo pouco tempo despois. En xaneiro empezamos a inocular castaños que non se serraran, porque teñen que ter a cortiza, e no outono empezaron a saír as primeiras setas, o que foi unha alegría moi grande porque vimos que funcionaba e que a Cerrado do Muín aceptaba o shiitake; esa finca ten un ambiente moi axeitado para esas setas porque hai humidade e unha temperatura relativamente constante. Non podo cambiala e por iso fluctúa tanto a produción. Se tivera un invernadoiro pechado e lle metera temperatura e humidade sacaba shiitake todos os días, pero non o fago porque quero producir shiitake natural”, engade López Penabad, que anuncia que a explotación de Shiifos pode ir verse e está facendo unha páxina web para que as persoas interesadas individualmente ou grupos non moi grandes poidan visitar a finca.
López Penabad tamén indica que a produción é moi pequena porque “isto é faise de forma familiar. Para vivir das setas necesitaría uns 10.000 troncos e teño menos de mil. Practicamente producimos todo o ano, pero baixamos moito durante o inverno polo nordés, que nos inflúe moito. Entón nesa época aproveitamos para inocular. Na primavera e no verán xa hai máis produción, pero a época máis forte é o outono. En canto ás vendas cando máis clientela teño e no verán, pero non teño moito produto que ofrecer. A maior parte da produción vai para os restaurantes ribadenses La Solana e San Miguel e a tenda Ferrado Marelo. Tamén se venden no posto que poño no Mercado dos Domingos de Ribadeo”.
O xerente de Shiifos destaca que “o shiitake é unha das setas máis cultivadas a nivel mundial, sobre todo en Asia, de onde veu; despois pasou a Estados Unidos máis tarde chegou ao Europa. Eu vendo unha seta de calidade que se aproveita ao cen por cen e que está producida con un proceso totalmente ecolóxico, o que se pode facer grazas ás persoas que me axudan: Lorena, Carlos, Esther e Fabián”.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



