Ribadeo, 7 de outubro de 2026. A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo de calidade que potencia o Concello de Ribadeo. A norma establece sancións que oscilarán entre os 200 e os 3.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “dende o Concello levamos tempo traballando na ordenanza municipal reguladora do uso de vías e de espazos públicos, do que é o estacionamento de vehículos de acampada no termo municipal de Ribadeo. Son aspectos clave que debe coñecer todo o mundo que acuda a Ribadeo, que teña un vehículo camperizado, que teña unha caravana ou unha autocaravana. Nace coa vocación de regular, regular non é prohibir todo, pero si ter unha regulación, unha ordenanza que determine perfectamente onde podemos acampar e aparcar, en definitiva, ter organizado e regulado todos os espazos”.
O rexedor explicou que “esta ordenanza nace coa vocación non de prohibir todo, senón de regular todo, de ter un estacionamento correcto, de saber definir e tamén diferenciar o que é pernoitar e acampar, tamén definir os vehículos de grandes dimensións, porque estamos tendo problemas e non se debe simplemente visualizar o problema, o que hai é que poñerlle solución aos problemas, tamén aos residuos e ao ruído. Tamén estamos tendo problemas e polo tanto isto hai que lexislar, é dicir aprobar unha ordenanza e establecer os tempos máximos de permanencia. Despois de moito tempo vamos ter a primeira ordenanza de caravanas, autocaravanas, vehículos camperizados, é dicir unha ordenanza que define perfectamente o estacionamento destes vehículos e acampar dentro do termo municipal de Ribadeo”.
Vega dixo: “tamén nace cunha vocación clara que é coidar da praia das Catedrais, os espazos sensibles, é dicir concretar perfectamente onde se pode acampar, aparcar e ter unha clara vocación de conservar os espazos naturais. Non podemos chegar e aparcar ou acampar en calquera sitio. Iso vai estar prohibido. E isto conleva evidentemente unhas sancións. As leves, de entre 200 a 750 euros, as graves entre 751 e 1500 euros e as moi graves entre 1501 e 3000 euros”.
O alcalde ribadense cre que “xa era hora dunha vez por todas ter unha ordenanza que regulara e a partires de aí coidar os espazos naturais, tamén preservar os aparcadoiros públicos, é dicir definir, concretar, organizar cunha ordenanza o que é o estacionamento destes vehículos. Polo tanto, damos un paso máis nese turismo de calidade, nese turismo aberto para todos e sempre pensando que Ribadeo debe avanzar, pero debemos ter ben organizado o que é o turismo de calidade do futuro”.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



