Dicía eu aquí a pasado semana que o Partido Popular, que leva gobernando Galicia arredor de catro décadas, transformou o galeguismo en algo máis ben banal e baleiro de contido político e cultural. Dende logo, moi afastado do que era o movemento galeguista na súa orixe.
Pola contra e parello a esta deturpación do galeguismo, irase abrindo camiño un galeguismo soberanista e transformador que pretende encarnar a herdanza daquel galeguismo inicial nado das Irmandades da Fala e posteriormente, tan ben representado, entre outros, por Castelao, Bóveda e o Partido Galeguista. Un movemento de seu que entendía que a defensa da identidade de Galicia non se esgotaba na lingua e na cultura como, por distintas razóns, entendía a Xeración Galaxia, senón que abrangue tamén a capacidade do noso pobo para decidir encol dos seus recursos e do seu futuro.
Nesta tradición galeguista vaise inserir Xosé M. Beiras dende ben mozo, para logo, ser un dos persoeiros máis recoñecidos e senlleiros do mundo nacionalista e galeguista.
Beiras sempre entendería este movemento como unha corrente defensiva da nosa identidade, ademais dun instrumento para a emancipación, pero endexamáis como un movemento excluínte e violento, porque Beiras era, por enriba de todo, un demócrata, un profundo humanista e un loitador infatigable polo ben común. O seu nacionalismo tiña unha forte dimensión social, que entendía como imprescindible para lograr a emancipación individual e colectiva. No fondo estamos a falar dun galeguista humanista e un marxista heterodoxo que sempre utilizaba a súa vasta formación para de entender a realidade e poder transformala .
Por outra banda, Beiras tiña moitas dúbidas que no actual sistema capitalista as institucións democráticas tiveran a suficiente autonomía para lograr a emancipación dos pobos e unha xusta distribución da renda, porque tiña moi claro que aínda que estas, formalmente, representaban a vontade popular, na maioría dos casos non controlaban o poder real, decote nas mans do gran capital. Polo que, en moitos casos, a loita democrática tiña que sobrepasar as devanditas institucións para lograr obxetivos que ampliaran as lexítimas conquistas sociais e a autonomía dos pobos.
Pero o que acaba por afianzar a súa credibilidade e o converte nun gran referente é o feito de basear a súa acción política na coherencia e na súa mostrada capacidade autocrítica, pero, sobre todo, que a devandita acción política tiña que estar fundamentada en principios e valores éticos porque para el a política non era a arte da conquista do poder polo poder, senón a esixencia de responder diante dos cidadáns con ideas, con decencia e con principios.
En definitiva, estamos diante dun galego que sempre tentou estar á altura do que consideraba as auténticas necesidades do seu país e da súa xente dende a coherencia das súas ideas e dos seus principios. E por iso, agora, temos a obriga de cuidar e espallar o seu legado porque como nos dixo o seu fillo Ricardo: “o Beiras está xa do lado de todos os que puxan de corazón por un futuro mellor para Galicia”.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



