Lugo, 16 de outubro de 2026. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro asistiu á cerimonia de saída do Rally San Froilán, que se celebrou na Praza da Horta do Seminario, en Lugo.
Centos de persoas achegáronse a este punto de encontro para ver os 114 vehículos que participan na 48 edición do Rally, entre eles o focense Bruno Martínez Bermúdez, gañadot do Volante Deputación, que debuta na competición tras gañar o Volante Deputaciónno pasado mes de maio.
No acto, Efrén Castro ratificou o apoio da institución provincial a unha proba que “converte Lugo no punto de referencia de todos os afeccionados e afeccionadas ao automobilismo galego” e que “ano a ano refrenda co seguimento nas estradas, pero tamén coa gran participación de equipos e escuderías locais, que somos unha provincia de deportes de motor”
A cerimonia celebrouse tras as dúas primeiras pasadas polos treitos de Outeiro de Rei e O Corgo, que se disputaron durante a tarde. O Rally continúa mañá coas segundas pasadas por estes treitos e as dúas previstas nos treitos de Baralla, Sarria e Samos.
A Vicepresidencia da Deputación patrocina un ano máis a proba, a penúltima do Campionato Galego de Asfalto.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.


