Viveiro, 14 de outubro, 2026. Viveiro acollerá esta fin de semana a primeira Milla Internacional do Cantábrico, unha cita que reunirá máis de 500 participantes entre atletismo de elite, deporte popular, categorías base e unha proba inclusiva.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participaron na presentación do evento, organizado polo CD CAMOVI e o Concello de Viveiro, e que conta co apoio das administracións galegas. No acto estiveron tamén a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do CD CAMOVI, Felipe Martínez; e o atleta viveirense Adrián Ben, embaixador da proba e impulsor da iniciativa.
Villares destacou que acoller unha competición desta envergadura “é unha excelente oportunidade para Viveiro, que funcionará como un gran escaparate para a zona e permitirá ao público desfrutar dun espectáculo deportivo de máximo nivel”. Pola súa banda, López subliñou a importancia de que as administracións colaboren co tecido deportivo local: “As administracións, sen as entidades sen ánimo de lucro, non somos ninguén. Eventos coma este sitúan A Mariña e a provincia nas primeiras portadas”.
A presidenta provincial puxo tamén o foco no turismo deportivo, unha oportunidade para municipios como Viveiro, Cervo ou Burela, que reciben deportistas e acompañantes que poden coñecer o territorio e querer regresar.
🏃♂️ Un programa para todos os públicos
A primeira edición da Milla Internacional do Cantábrico (MIC) celebrarase os días 17 e 18 de outubro, cun programa que combina competición, deporte popular, categorías infantís e participación inclusiva.
Sábado 17
17:00 h – MIC Kids
Carreiras infantís na Travesía da Mariña, con distancias adaptadas desde sub-6 ata sub-16 (100 m, 200 m, 400 m, 600 m, 800 m e 1.200 m).
18:00 h – Series populares e Milla inclusiva
Aberta á participación de persoas vinculadas a entidades como ASPANANE Viveiro, Fundación Eu Son de Burela e Down Lugo, sen límite pechado de inscritos.
19:00 h – Milla Internacional de Elite
Percorrido de 1.609 metros en catro voltas pola Travesía da Mariña. Participarán figuras destacadas do medio fondo nacional e internacional.
Entre os nomes anunciados figuran o italiano Simone Barontini e os españois Ignacio Fontes, Pablo Sánchez-Valladares e David Barroso. Na categoría feminina destacan Águeda Marqués e Lorena Martín, ademais de atletas de Italia, Alemaña, Portugal e Croacia.
A proba terá un significado especial para Viveiro coa participación de Adrián Ben Montenegro, campión de Europa de pista cuberta nos 800 metros (2023), finalista olímpico en Toquio (2021) e campión de España absoluto dos 1.500 metros (2025 e 2026).
Domingo 18
11:00 h – Carreira 10K Cidade de Viveiro
Percorrido circular de 10 km pola fachada marítima ata o porto de Celeiro, con saída e meta xunto á Porta de Carlos V. A proba conta con 182 inscritos.
As persoas participantes recibirán unha guía do corredor con información práctica, e a organización disporá dunha oficina técnica desde o venres.
🏅 Un evento que suma ao deporte galego
A MIC incorpórase ao calendario galego de grandes citas atléticas internacionais, xunto ao Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña ou o Trofeo Sergio Vázquez, sendo a única proba deste tipo na provincia de Lugo.
O CD CAMOVI, con 25 anos de traxectoria no deporte base e 15 organizando a Carreira por Montaña Montes de Viveiro, amplía así o seu labor cun evento que achega o atletismo de alto nivel á cidadanía e anima aos máis novos a seguir practicando deporte.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

