Lugo, 14 de outubro, 2026. Presentada a 48ª edición do Rally San Froilán, que se celebrará os días 16 e 17 de outubro co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal apoio institucional da proba.
O Rally San Froilán, organizado pola Escudería Miño, contará con cinco treitos a dobre pasada en estradas de Outeiro de Rei, O Corgo, Samos e Baralla, que suman un total de 104 quilómetros cronometrados.
Entre as novidades do percorrido destacan o treito de Baralla, con saída e meta na contorna da vila e paso por Piñeira, Sixirei, Vilarello ou Vilarpunteiro; e o treito de Sarria, que discorrerá por Goimil, Seteventos e San Sadurniño de Ferreiros. A proba, penúltima do Campionato Galego de Asfalto, reúne 114 pilotos inscritos.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, ratificou o apoio da institución a unha proba que “converte Lugo no punto de referencia de todos os afeccionados ao automobilismo galego” e que “ano a ano refrenda, co seguimento nas estradas e coa gran participación de equipos e escuderías locais, que somos unha provincia de deportes de motor”.
Castro enmarcou este apoio nas accións impulsadas desde a Vicepresidencia para manter a actividade das escuderías e pilotos, como a liña de axudas específica para pilotos de rally e a organización, xunto con PTC Escuela e o Concello da Pastoriza, do Volante Deputación, que ofrece a pilotos noveis a posibilidade de participar de forma gratuíta no rally.
O gañador do Volante Deputación 2026, o focense Bruno Martínez Bermúdez, estrearase na competición a bordo dun Dacia Sandero do equipo PTC Escuela, como premio pola súa vitoria na proba provincial celebrada en maio.
Martínez participou na presentación xunto a unha decena de pilotos lucenses, que exhibiron os seus vehículos na Praza de San Marcos. No acto estiveron tamén representantes dos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, O Corgo, Sarria, Samos e Baralla, así como da Xunta de Galicia e da Subdelegación do Goberno.
🗓️ Programa
O Rally disputarase en dúas xornadas:
Venres, 16 de outubro
Primeiras pasadas polos treitos de Outeiro de Rei e O Corgo durante a tarde.
Cerimonia de saída na Praza da Horta do Seminario, en Lugo, ás 21:00 horas, coa participación de todos os equipos inscritos.
Sábado, 17 de outubro
Segundas pasadas por Outeiro de Rei e O Corgo.
Treitos de Baralla, Sarria e Samos, este último encargado de pechar a proba cun tramo nocturno, xa tradicional no Rally San Froilán.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

