Mondoñedo, 10 de outubro, 2026. O 9 de setembro, os veciños da Rúa da Fonte recibiron unha carta certificada na que se lles comunicaba o acordo do Pleno Municipal de Mondoñedo para modificar a denominación da vía, que pasaría a chamarse Rúa Xosé Vizoso. Segundo indican, esta decisión adoptouse sen unha consulta previa aos residentes afectados. No expediente municipal reflíctese que a elección da rúa se baseou unicamente no feito de que o artista Xosé Vizoso xogaba na contorna durante a súa infancia.
Tras manter unha reunión veciñal, os residentes decidiron presentar alegacións no Concello de Mondoñedo. Nelas explican a situación particular da rúa, que xa experimentou un cambio de nome hai aproximadamente trinta anos, do cal aínda derivan problemas como erros de numeración ou incidencias nos rexistros catastrais. Por este motivo, manifestan o seu malestar polos trámites e complicacións que implicaría un novo cambio.
Os veciños tamén expresan nas alegacións o seu desexo de que se homenaxee a figura de Xosé Vizoso mediante unha representación mural ou escultórica dalgún dos seus deseños, tal e como xa acontece noutros concellos. Engaden que, no caso de considerarse imprescindible incorporar o nome do artista ao rueiro mindoniense, debería valorarse a asignación dunha rúa, parque ou praza que actualmente careza de denominación, evitando así unha modificación que consideran innecesaria e arbitraria.
Os residentes afectados subliñan que están totalmente a favor de render homenaxe a este destacado artista mindoniense, mais discrepan na forma en que se está a levar a cabo o proceso. Ademais de non ter sido consultados previamente, denuncian que, aínda sen rematar o prazo de presentación de alegacións nin existir resposta ás xa entregadas, o Concello está a dar por feito o cambio de nome. Sinalan que xa se difundiu en carteis e medios de comunicación a data e hora da descuberta da nova placa da Rúa Xosé Vizoso (antes Rúa da Fonte).
Dado que o Concello parece ter tomada a decisión, os veciños consideran que, polo menos, debería respectarse o cumprimento dos prazos legais e agardar á resolución das alegacións presentadas. Entenden que este sería un mínimo xesto de respecto cara á veciñanza e unha mostra de consideración pola participación democrática e pola transparencia no proceso.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



