“A Consellería de Educación, sempre atendendo aos criterios e prioridades técnicas, está a renovar as instalacións de varios centros da cidade herculina e de Burela”
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, insistiu hoxe no Parlamento de Galicia na corresponsabilidade do Goberno central e dos concellos na renovación e mantemento das instalacións educativas. En resposta parlamentaria a dúas preguntas relacionadas con obras en centros de ensino da Coruña e Burela, o representante da Xunta lamentou que o Goberno central non aporte un só euro a este fin, tendo en conta ademais que a rede de centros educativos de Galicia está composta por arredor de 1.600 edificios educativos cunha antigüidade media que en moitos casos supera os 50 anos.
De feito, a Xunta demandou en reiteradas ocasións ao Goberno central —coa aprobación do Parlamento de Galicia— que se poña en marcha un Plan nacional de mellora de infraestruturas educativas e se aprobe unha redución do IVE para este tipo de obras, co obxectivo de poder intensificar estas intervencións.
O secretario xeral técnico indicou que a Xunta, sempre atendendo aos criterios e prioridades técnicas, está a renovar as instalacións de centros educativos de toda Galicia a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica. “Os recursos son limitados e a nosa obriga é traballar baixo o principio de xestión eficiente e responsable”, dixo, polo que o apoio do Goberno Central e a redución do IVE permitirían intensificar estas actuacións.
Actuacións en execución na Coruña
No caso concreto da cidade herculina, o secretario xeral técnico detallou que están en execución actuacións como a rehabilitación do Centro Integrado de FP Ánxel Casal-Monte Alto (2,48 M€), o cambio de cuberta do Colexio Sal Lence (230.000 €) ou a reforma do salón de actos do Centro Integrado de FP Imaxe e Son (1,2 M€).
Atendendo á petición de información específica sobre os centros de ensino da zona de Zalaeta, sinalou que se está a executar o cambio de cuberta do Instituto Ramón Menéndez Pidal (941.000€) e que no Colexio de Zalaeta se investiu máis de 1,2 M€ en diferentes actuacións, entre elas unha ampliación.
En calquera caso, recordou que os concellos tamén teñen responsabilidades no caso do mantemento e conservación dos colexios de Infantil e Primaria. “Se estas tarefas de desatenden, como vimos advertindo no caso do Concello da Coruña, o que podería resolverse cun mantemento preventivo acaba requirindo actuacións de maior entidade e, polo tanto, tamén un maior investimento”, indicou.
Melloras en Burela
No que atinxe á pregunta sobre as actuacións nos centros educativos de Burela, o secretario xeral técnico explicou que, precisamente, tamén no Colexio Plurilingüe Vista Alegre, a Consellería de Educación tivo que asumir tarefas que lle correspondían ao Concello, como reparacións de fugas de auga, que son tarefas de mantemento e conservación. Isto, a maiores das intervencións que a Xunta desenvolveu no centro en atención ás súas propias competencias, cun investimento total de 362.000 €. Ademais, afirmou que xa están contempladas novas melloras neste centro na programación do Plan de nova arquitectura pedagóxica.
No caso do Colexio Os Castros, a Consellería está a atender unha filtración, tarefa tamén de mantemento. Ademais, deu resposta ás necesidades do centro con obras, entre elas unha rehabilitación integral, que tiveron un orzamento total de 1,35 M€.
No Instituto Monte Castelo constan actuacións por un importe acumulado de máis de 271.000 €; mentres que no Instituto Perdouro se acometeron melloras por importe de 771.000 €, como a ampliación do centro.
“Existe unha sucesión de traballos planificados ao longo do tempo e unha avaliación técnica permanente das necesidades que van aparecendo” afirmou o secretario xeral técnico. “Seguiremos actuando, priorizando as necesidades reais, actuando con criterios técnicos e empregando os recursos públicos alí onde son máis necesarios”, rematou.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



