Gómez salientou que en total existen 69 oficinas rurais en Galicia e reafirmou o compromiso da Consellería coa mellora constante desta rede espallada polo territorio da comunidade
Meira, 9 de outubro de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Forés, e polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, visitou hoxe as instalacións da oficina rural de Meira, que acolle tamén as dependencias do Distrito Forestal e a Base de Unidades Operativas (BUO) para o persoal de loita contra os incendios. Nesta visita, a conselleira salientou o importante labor destes servizos para a cidadanía no rural, aos que poden acudir para todo tipo de consultas e xestións vinculadas cos ámbitos agrícola, gandeiro e forestal, ademais de tramitar axudas e subvencións e outros servizos relacionados coas súas explotacións.
Precisamente, nesta oficina a Xunta vén de rematar diversas actuacións de reforma e adaptación, “co fin de mellorar a atención que se presta á cidadanía e tamén as condicións dos profesionais que traballan nela”, tal e como indicou a titular de Medio Rural. Estes labores serviron para rehabilitar e unir varios inmobles do baixo no que se atopa a oficina e permitiron habilitar, na súa totalidade, arredor de 700 metros cadrados de superficie.
Deste xeito, a nova sede concentra nun mesmo espazo servizos agrarios, veterinarios, administrativos e forestais, facilitando as xestións e evitando desprazamentos innecesarios á cidadanía. Ademais, a integración da BUO favorece tamén unha mellora das condicións de traballo e descanso dos profesionais que desenvolven a súa actividade nesta contorna. En total, nestas dependencias traballan arredor dunha trintena de persoas.
Maria José Gómez destacou, ademais, que a rede de oficinas rurais está formada por un total de 69 instalacións repartidas por toda Galicia, desde as que “se presta un servizo fundamental para as persoas que viven e traballan no rural” e afirmou que, no futuro, a Consellería seguirá traballando para mellorar esta ampla rede, tendo sempre como principal prioridade a optimización da atención cidadá.



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



