Ribadeo, 17 de outubro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e o Hospital Público da Mariña organizan o 24 de outubro unha sesión práctica de reanimación cardiopulmonar (RCP) e de uso dos DESA, aberta a persoas de todas as idades. A actividade terá lugar de 10:30 a 13:00 horas no pavillón municipal de Ribadeo. O Concello anima a toda a veciñanza a participar.
A actividade, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa e o Hospital Público da Mariña, está aberta a toda a cidadanía e diríxese a persoas de todas as idades. O obxectivo é achegar á poboación os coñecementos básicos necesarios para actuar ante unha parada cardíaca, aprender a utilizar un desfibrilador e saber como responder durante os primeiros minutos dunha emerxencia.
Esta formación cobra especial importancia tras a instalación de dous desfibriladores de acceso público en Ribadeo, situados nas rúas San Francisco e Rosalía de Castro. Estes dispositivos están pensados para facilitar unha intervención rápida ante unha posible parada cardíaca, pero é fundamental que a cidadanía coñeza o seu funcionamento e saiba como actuar cando se produce unha situación destas características.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “todas as persoas poden axudar a salvar unha vida. Os primeiros minutos son cruciais ante unha parada cardíaca, polo que saber recoñecer a emerxencia, avisar aos servizos sanitarios, iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar e utilizar un desfibrilador pode resultar determinante ata a chegada dos profesionais”.
Desde o Concello de Ribadeo insístese na importancia de perder o medo a actuar e de comprender que non é necesario ser profesional sanitario para prestar unha primeira axuda. A formación permite adquirir confianza, coñecer os pasos que se deben seguir e estar mellor preparados para responder ante unha emerxencia que pode ocorrer en calquera lugar e afectar a calquera persoa.
A sesión do vindeiro sábado, 24 de outubro, en horario de 10:30 a 13:00 horas será unha oportunidade para achegar estes coñecementos á poboación e reforzar a seguridade colectiva. A colaboración entre a Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, o Hospital Público da Mariña e o Concello de Ribadeo permite avanzar cara a unha cidadanía máis preparada e consciente da importancia da resposta inmediata ante unha parada cardíaca, cara a un Ribadeo Cardioprotexido para todos.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



