O voceiro popular, Javier Castiñeira, critica a falta de información sobre a consulta pública anunciada polo goberno local e reclama unha comisión plural que garanta unha decisión obxectiva e consensuada
Foz, 13 de outubro de 2026. O Partido Popular de Foz pregunta ao alcalde Cajoto que foi do plan anunciado polo goberno local para renomear varias rúas do municipio e das propostas achegadas polos veciños no marco da consulta pública. Os populares denuncian a falta de información sobre o proceso e lamentan que, malia os anuncios realizados nos medios de comunicación, non se coñezan avances nin decisións ao respecto.
O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, considera que esta situación responde a unha forma de actuar do goberno local na que, segundo sinala, abundan os anuncios, pero faltan resultados. “O que se anunciou a bombo e platillo nos medios foi unha consulta pública, pero é que non sabemos nada. Ao final é o de sempre: moito anunciar, pero despois pouca eficacia e poucos feitos”, afirma.
Castiñeira tamén critica que o Partido Popular non fose convocado a ningunha reunión nin comisión para abordar esta cuestión, nin se solicitase a súa opinión. Neste sentido, lembra que a formación xa puxera a creación dunha comisión na que, ademais dos representantes dos partidos políticos, participase asesores e persoas con coñecementos sobre a historia local, como o cronista oficial.
O obxectivo, explica, sería analizar as distintas alternativas e valorar con criterios obxectivos os nomes que poderían incorporarse ao rueiro municipal, tendo en conta a existencia de numerosas persoas, lugares, datas e feitos históricos que poderían merecer este recoñecemento.
“É moi importante que neste caso haxa unanimidade, porque cremos que vai formar parte do pobo durante practicamente toda a vida e, polo tanto, cremos que deben facerse ben as cousas”, sinala o voceiro popular, que insiste na necesidade de que a decisión se adopte con rigor, participación e consenso.
Por iso, o PP reclama ao alcalde que aclare que pensa facer coas propostas presentadas polos veciños, que, segundo Castiñeira, participaron coa mellor vontade e agora descoñecen cal vai a ser o destino das súas achegas. “Queremos preguntarlle ao señor Cajoto que pensa facer con todas esas propostas, porque vemos que parece que se meten no caixón, como se meten outras moitas cousas”, apunta.
O novo rueiro, tamén pendente
Os populares relacionan esta situación coa falta de avances noutro proxecto anunciado polo alcalde: a elaboración dun novo rueiro municipal, no que, segunda lembra Castiñeira, se investiron máis de 14.000 euros.
O voceiro do PP cuestiona que este traballo, realizado por unha empresa contratada para tal fin, continúe sen materializarse e sen que o goberno local explique que decisión tomou sobre el. “O novo rueiro tamén o anunciou no seu momento o señor Cajoto, no que gastou máis de 14.000 euros, e está metido no caixón. Non sabemos se o traballo da empresa non lle gusta, se non o quere poñer en marcha ou que pensa facer con el”, manifesta.
Para Castiñeira, tanto a falta de información sobre o cambio de nomes das rúas como a situación do novo rueiro evidencian, ao seu xuízo, unha distancia entre os anuncios do goberno local e a súa execución.
Por todo iso, o Partido Popular de Foz esixe explicacións ao alcalde sobre o estado de ambos os asuntos, o destino das propostas veciñais e os pasos que pensa dar para avanzar nun proceso que, segundo defende a formación popular, debe abordarse con transparencia, participación e consenso.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



