Ribadeo, 13 de outubro, 2026. Ocorreu minutos antes das 16 horas. A muller foi rescatada polo helicóptero Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia, e trasladada ao Hospital de Burela en ambulancia.
A propia implicada, unha muller de fala inglesa, chamou ao 112 Galicia para explicar o sucedido. Grazas ao servizo de tradución simultánea, puido indicar que estaba tomando unha fotografía nun acantilado da zona da praia de Rocas Brancas, en Vilaselán (Ribadeo), cando caeu por un desnivel de varios metros. No momento da chamada, atopábase na area e precisaba asistencia sanitaria. Ademais, a subida da marea facía necesario realizar o rescate coa maior celeridade posible.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Ribadeo, así como os Bombeiros de Barreiros.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



