Burela, 17 de outubro, 2026. A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na promoción do sector pesqueiro galego na Feira Expomar de Cabo Verde, que se celebra na illa de San Vicente.
A feira ten lugar en Porto de Mindelo, nas instalacións de Enapor, do 15 ao 17 de outubro. Esta duodécima edición da Feira das Actividades Económicas Ligadas ao Mar, que leva por lema “Nôs Mar, Nôs Riqueza” (“O noso mar, a nosa riqueza”), reúne máis de 50 expositores internacionais e acolle numerosos encontros de negocio.
O evento foi inaugurado polo ministro da Cultura, Indústrias Creativas, Xuventude e Deporte, António Sequeira Duarte, quen saudou a delegación galega e agradeceu a colaboración da Consellería do Mar con esta feira estratéxica para Cabo Verde.
A Fundación Expomar participa dentro da misión comercial da Consellería do Mar, xunto a outras entidades galegas do ámbito marítimo-pesqueiro, co obxectivo de reforzar os vínculos pesqueiros e comerciais entre Galicia e Cabo Verde.
O xerente da Fundación, José M. González “Brais”, aproveita esta visita para promover unha misión comercial internacional en maio de 2027, coincidindo coa celebración da 21ª Feira Expomar en Burela, co fin de fortalecer aínda máis os contactos que a entidade mantén con Cabo Verde desde hai décadas.
Esta acción desenvólvese en colaboración coa Consellería do Mar e coa Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP Burela), dado que moitos barcos da organización operan con empresas caboverdianas que prestan servizos no Porto de Mindelo, como Cab-Nav (varadeiro), Ena-Port (xestión portuaria e frigorífico), Ena-Col (subministración de gasóleo) ou Limage (consignataria).
As xestións iniciáronse nunha reunión coa Cámara de Comercio de Barlovento, co obxectivo de facilitar que, baixo o seu paraugas institucional, empresas e entidades caboverdianas viaxen a Burela en maio para manter encontros cos socios da OPP Burela e coa Consellería do Mar.
Expomar transmitiu ás institucións locais un saúdo da presidenta e alcaldesa de Burela, Carmela López, así como do Padroado da Fundación, convidando novamente ás entidades caboverdianas a participar na próxima edición de Expomar, que se celebrará no porto de Burela o vindeiro mes de maio. Tamén se agradeceu á Consellería do Mar a súa colaboración tanto nesta misión comercial como na promoción de Expomar 2027.



















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



