Rubén García Freije reuniuse co eurodeputado Nicolás Casares e co embaixador permanente de España na Unión Europea, e participou en encontros relacionados co desenvolvemento territorial e a innovación no rural
Trabada, 16 de outubro de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, participou durante os últimos días en diferentes reunións, encontros institucionais e actividades de traballo en Bruxelas, onde tivo ocasión de trasladar as necesidades do municipio, presentar proxectos e establecer contactos con representantes de institucións europeas e entidades vinculadas ao desenvolvemento territorial.
Un dos encontros mantidos foi co eurodeputado Nicolás González Casares, a quen o rexedor trasladou diferentes propostas e cuestións relacionadas coas necesidades da veciñanza de Trabada, especialmente aquelas vinculadas á realidade dun concello rural.
Durante esta reunión, García Freije presentou tamén un proxecto de carácter social no que se está a traballar e cuxos detalles se darán a coñecer publicamente nas próximas semanas.
O alcalde mantivo igualmente un encontro con Marcos Alonso, embaixador permanente de España na Unión Europea, e puido coñecer de primeira man as instalacións da Embaixada Permanente de España na Unión Europea en Bruxelas.
A axenda institucional incluíu tamén unha visita ao Parlamento Europeo, onde tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento desta institución e achegarse ao traballo que se desenvolve no ámbito comunitario.
Durante a súa estancia en Bruxelas, Rubén García Freije participou tamén en diferentes actividades vinculadas á Semana Europea das Rexións e das Cidades, entre elas un encontro celebrado na Delegación do País Vasco.
Así mesmo, asistiu ao Foro Europeo de Innovación no Rural, un espazo de encontro arredor dos retos e oportunidades dos territorios rurais, no que se abordaron cuestións relacionadas co seu desenvolvemento e coa innovación.
Estas actividades permitiron ao alcalde coñecer experiencias e iniciativas doutros territorios, así como establecer contactos con representantes institucionais e entidades dos ámbitos público e privado.
García Freije explica que “durante estes días tivemos a oportunidade de trasladar a realidade e as necesidades de Trabada a diferentes representantes institucionais, presentar proxectos nos que estamos traballando e coñecer experiencias doutros territorios que tamén afrontan os retos propios do medio rural”.
O alcalde destaca igualmente a importancia dos contactos establecidos durante a visita: “Un dos obxectivos destes encontros foi abrir novas vías de comunicación e colaboración
con institucións e entidades públicas e privadas que poidan resultar de interese para desenvolver futuros proxectos en Trabada”.
A axenda de traballo en Bruxelas permitiu así abordar diferentes cuestións relacionadas co municipio, intercambiar experiencias e explorar posibles colaboracións institucionais de cara ao futuro.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



