A compra permite poñer fin a unha demanda histórica da parroquia, que era a única das 22 que conforman o municipio sen un espazo público municipal para a asociación Luía-Luama
Ortigueira, 1 de setembro de 2026. O Concello de Ortigueira formalizou a adquisición dun local de 730 m² situado na parroquia de Luía e que dará servizo á parroquia homónima e á veciña de Luama. O inmoble estará destinado a albergar as actividades e servizos da asociación Luía-Luama, ofrecendo un espazo axeitado para a reunión da veciñanza e o desenvolvemento de iniciativas comunitarias na zona.
Con esta inversión, a administración local resolve unha situación de agravio comparativo que se mantiña no municipio, onde Luía era a única das 22 parroquias que non contaba cun espazo social de titularidade municipal. A amplitude do recinto permitirá adaptar as instalacións ás necesidades actuais das persoas residentes e dinamizar a vida asociativa do entorno.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, amosou a súa satisfacción por “una vez más, cumplir nuestro compromiso con los vecinos y vecinas de Ortigueira; en este caso, con los de las parroquias de Luía y Luama”. O rexedor destacou que a operación responde “a una reivindicación vecinal pendiente desde hacía años” e confirma a vontade do goberno local de equipar por igual todas as parroquias do concello, garantindo que dispoñan das mesmas oportunidades e infraestruturas para o seu desenvolvemento social.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



