Cervo, 2 de setembro, 2026. O Concello de Cervo acollerá a III Mini BTT Medela MTB, unha cita deportiva que se celebrará o vindeiro sábado 12 de setembro no Polígono de Cuiña e que reunirá ás categorías máis novas do ciclismo de montaña.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou a proba acompañada por varias crianzas do Medela MTB, club organizador do evento coa colaboración do Concello.
A competición forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo 2026, dentro da modalidade Mini BTT (H.3A), e desenvolverase na parcela 59 do Polígono de Cuiña, un espazo municipal cedido polo Concello ao club para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.
A proba está aberta ás categorías Promesa Feminina, Promesa B, Promesa A, Principiante Feminina, Principiante B, Principiante A, Infantil Feminina, Infantil, Benxamín Feminina, Benxamín, Alevín Feminina e Alevín, converténdose nunha auténtica festa do ciclismo de base.
A saída está prevista para as 14:30 horas, mentres que a recollida de dorsais terá lugar o mesmo día, entre as 13:00 e as 14:00 horas.
A alcaldesa destacou a implicación do Medela MTB na promoción do deporte entre as crianzas e a súa aposta por achegar o ciclismo de montaña ás novas xeracións. “É importante recoñecer o compromiso das familias, das crianzas, do club e de todas as persoas que colaboran para que esta xornada sexa posible. O deporte de base necesita ese apoio colectivo e desde o Concello imos seguir acompañándoo”.
García Caramés subliñou tamén que “para Cervo é unha satisfacción volver acoller unha proba destas características, que pon no centro ás nosas crianzas e ao deporte de base. Detrás de cada bicicleta hai ilusión, esforzo, compañeirismo e moitas horas de traballo, e queremos que o noso concello siga sendo un lugar no que nenas e nenos poidan medrar practicando deporte e gozando da nosa contorna”.
A xornada pretende converter o Polígono de Cuiña nun punto de encontro para as familias e para as novas promesas do ciclismo galego, nun ambiente no que competición e diversión irán da man.
Inscricións
A proba conta cun límite de 300 participantes. As inscricións deben realizarse a través do formulario habilitado pola Federación Galega de Ciclismo.
Persoas federadas: 0 €
Persoas non federadas: 15 €
Prazo: ata o xoves 10 de setembro ás 15:00 horas ou ata completar o límite de participantes.
Toda a información e o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina oficial da Federación Galega de Ciclismo.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
