Alfoz, 17 de outubro do 2026. O Concello de Alfoz recibiu unha subvención de 16.902,64 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia para a contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A axuda forma parte dun programa cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.
Esta subvención permitirá contratar, durante nove meses e a xornada completa, unha persoa que desenvolverá funcións de animación sociocultural e turística, contribuíndo á dinamización do municipio e ao reforzo das actividades vinculadas a estes ámbitos.
A iniciativa ten como obxectivo principal ofrecer ás persoas mozas unha oportunidade de adquirir experiencia laboral, mellorar competencias profesionais e incrementar as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo, ao tempo que se fortalecen os servizos municipais.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, destacou que «este tipo de programas son unha oportunidade para que a mocidade poida adquirir experiencia profesional e continuar formándose nun contorno laboral real. Desde o Concello consideramos fundamental aproveitar estas iniciativas que melloran as oportunidades de emprego, especialmente no ámbito rural».
Así mesmo, Maseda subliñou que «esta contratación permitiranos reforzar a dinamización sociocultural e turística do noso concello, dous ámbitos clave para poñer en valor os nosos recursos e impulsar actividades dirixidas á veciñanza».
A actuación enmárcase na convocatoria regulada pola Orde do 22 de maio de 2026, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil mediante a colaboración coas entidades locais galegas.
Con esta iniciativa, o Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso coa promoción do emprego xuvenil, a formación profesional e o aproveitamento dos recursos públicos para seguir mellorando os servizos e as oportunidades no municipio.



















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



