Rosana Pérez acusa a conselleira do Mar de “tirar balóns fóra” e denuncia a falta de resposta ás preguntas do BNG sobre o destino dos fondos
Santiago de Compostela, 1 de setembro 2026. A portavoz de Mar do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, denunciou a falta de execución dos recursos previstos pola Xunta para o sector do mar e reclamou ao Goberno do PP que concrete o destino dos fondos que non chegaron a destinarse no 2025. Pérez puxo o foco nos 71,6 millóns de euros de diferenza respecto do orzamento inicialmente previsto e esixiu que sexan reinvestidos no propio sector.
A deputada nacionalista denunciou que, despois de que o BNG formulase varias preguntas sobre a execución orzamentaria da Consellaría do Mar en 2025, a resposta escrita recibida no mes de agosto se limitou a explicar o funcionamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), sen responder ás cuestións concretas sobre as minoracións de crédito, a falta de execución ou o destino dos recursos non executados.
Rosana Pérez criticou que a conselleira do Mar se limitase a volver ler esa mesma resposta ante a Comisión de Pesca e Marisqueo. “Agradecemos que veña vostede aquí a gastar o tempo e os cartos públicos de todos os galegos e galegas para ler o que xa nos mandaron por escrito no mes de agosto”, denunciou.
“A realidade é que a Xunta anunciou 220,7 millóns de euros para as políticas de Mar en 2025 e acabou destinando apenas 149,1 millóns”, explicou a deputada. Polo camiño, o Goberno do PP retirou 36 millóns do orzamento inicialmente previsto e, dos recursos que quedaron, deixou outros 35,6 millóns sen aplicar. En total, os recursos destinados ao sector quedaron 71,6 millóns por baixo do compromiso orzamentario inicial, polo que só se materializou o 67,5% do orzamento previsto.
“Como valoran vostedes a continua e crónica desviación de partidas orzamentarias da Consellaría do Mar a outras consellerías?”, preguntou Rosana Pérez, que reclamou á Xunta que adopte medidas para eliminar ou, cando menos, reducir esta práctica.
A portavoz de Mar cuestionou durante a comisión a explicación da Xunta de que os fondos que non se executan nun exercicio pasan ao seguinte. Para o BNG, esta resposta non resolve o problema da falta de execución, xa que os recursos poden volver quedar sen gastar no exercicio posterior.
“Con todos os problemas que temos, coa cantidade de investimentos que farían falta para investigación, vostedes o que fan é pasar cartos dun ano para outro, pero realmente sempre deixan cartos sen executar”, criticou Rosana Pérez
A deputada do BNG advertiu de que esta situación resulta especialmente grave nun momento no que o sector do mar galego afronta importantes dificultades, desde o marisqueo e a miticultura até a pesca de baixura, e precisa investimentos para afrontar os problemas que afectan á actividade.
Neste sentido, Rosana Pérez reclamou ao Goberno de Rueda que responda directamente á cuestión formulada na iniciativa: a que partidas e programas se van destinar os 71,618 millóns de euros e se estes recursos se van reinvestir para atender os múltiples problemas que afectan ao sector do mar galego.
O BNG reclama á Xunta que garanta a execución efectiva do orzamento da Consellaría do Mar, evite desviacións de crédito e asegure que os recursos previstos repercutan no sector e na recuperación e potenciamento do medio mariño.
“O que queremos saber é onde están os cartos e onde se están a investir realmente”, resumiu Rosana Pérez, que reclamou ao Goberno galego que responda “dunha vez por todas” ás preguntas formuladas polo BNG.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



