O prazo de preinscrición estará aberto ata o 18 de setembro tanto na piscina municipal como no rexistro xeral do Concello
Ortigueira, 3 de setembro de 2026. O Concello de Ortigueira abriu o prazo de preinscrición para o seu programa de actividades deportivas dirixidas ao curso 2026-2027. A oferta municipal pon á disposición da cidadanía un total de 613 prazas limitadas repartidas entre unha variada gama de modalidades acuáticas e en seco. As persoas interesadas terán ata o próximo 18 de setembro, incluído, para tramitar as súas solicitudes de forma presencial nas instalacións da piscina municipal ou no rexistro xeral do Concello.
Dentro da programación ofertada para a nova campaña, o medio acuático volve concentrar un volume significativo da oferta con cursos de natación infantil —que abarcan desde iniciación e perfeccionamento ata matronatación—, natación para adultos e adolescentes, así como diferentes quendas de aquagym. Pola súa banda, no pavillón e nas salas municipais impartiranse disciplinas como ximnasia de mantemento, circuíto en sala, taichí, patinaxe artística e pádel para menores de idade.
A concelleira de Deportes, Isabel Rego, destacou a aposta do goberno local por manter unha oferta ampla e inclusiva para todas as idades. “Nuestro objetivo es facilitar la práctica de actividad física y promocionar hábitos saludables entre toda la población, adaptando las modalidades y los horarios a las necesidades de la gente”, sinalou a edil.
Cada solicitante poderá inscribirse nun máximo de oito actividades marcando os códigos de horario preferentes ou indicando unicamente a modalidade no caso de non ter preferencia horaria. Naquelas disciplinas onde o volume de solicitudes supere a capacidade máxima ofertada, a adxudicación das prazas resolverase mediante un sorteo público, sen que a data de presentación da solicitude outorgue prioridade algunha.
Non obstante, as bases recollen preferencia para as persoas empadroadas no municipio con, polo menos, 12 meses de antigüidade, así como para menores matriculados na mesma franxa horaria dentro das instalacións.
A listaxe provisional de persoas seleccionadas darase a coñecer o 25 de setembro, data na que tamén se precisará o inicio oficial das clases.




















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



