Concello e Deputación de Lugo mobilizan arredor de 800.000 euros para renovar progresivamente un dos principais complexos deportivos da vila
Burela, 5 de setembro de 2026. O Concello de Burela vén de rematar os traballos de conservación e mellora da grada sur do campo de fútbol da Marosa, unha actuación coa que se melloran as condicións dunha das estruturas do recinto coincidindo co inicio dunha nova temporada deportiva.
Os traballos permitiron actuar sobre unha estrutura que precisaba labores de conservación e mantemento, avanzando así na mellora progresiva dun complexo deportivo que concentra cada semana unha importante actividade, tanto de deporte base como de competición.
A actuación na grada sur forma parte dun plan máis amplo de renovación das instalacións da Marosa. Concello e Deputación de Lugo están mobilizando arredor de 800.000 euros para acometer diferentes intervencións no recinto, que inclúen actuacións nas gradas, estruturas, vestiarios, accesibilidade e outros elementos do complexo.
Avanza a definición da solución para a grada norte
Paralelamente aos traballos xa executados, o Concello de Burela continúa avanzando nos estudos e traballos técnicos necesarios para definir a solución para a grada norte.
Trátase dunha actuación de especial complexidade pola propia natureza da estrutura e que require analizar con rigor as diferentes posibilidades, garantindo tanto as condicións de seguridade como a conservación dos elementos máis representativos deste histórico campo de fútbol.
O obxectivo é atopar unha solución que permita dar resposta ás necesidades actuais da instalación e, ao mesmo tempo, preservar o carácter e a identidade dun espazo estreitamente vinculado á historia deportiva de Burela.
Máis actuacións no complexo deportivo
Ademais das intervencións nas gradas, o Concello está a desenvolver melloras no peche perimetral e diferentes traballos de mantemento e acondicionamento do complexo deportivo.
Estas actuacións permiten seguir mellorando progresivamente as condicións de uso da Marosa, un recinto utilizado diariamente por clubs, deportistas, familias e afeccións e que conta cunha intensa actividade ao longo de toda a temporada.
As intervencións actuais súmanse aos investimentos xa realizados nos últimos anos, entre eles a renovación do céspede artificial do campo da Marosa, financiada pola Deputación de Lugo.
O conxunto destas actuacións responde á vontade de abordar a renovación da Marosa desde unha perspectiva global e progresiva, dando resposta ás necesidades acumuladas e mellorando diferentes elementos das instalacións de maneira planificada.
Unha aposta continuada polo deporte de Burela
A colaboración entre o Concello de Burela e a Deputación de Lugo está permitindo mobilizar os recursos necesarios para acometer actuacións de importante dimensión económica e avanzar na modernización dun dos principais complexos deportivos da vila.
A Marosa é un espazo fundamental para o deporte burelés, especialmente para a práctica deportiva de base, e as súas instalacións dan servizo cada semana a numerosos equipos e deportistas.
Por iso, o Goberno local considera prioritario continuar investindo na súa conservación e renovación, garantindo que o complexo poida responder ás necesidades dos clubs e deportistas e manter as condicións axeitadas para o desenvolvemento da actividade deportiva.
Coa grada sur xa acondicionada, mentres continúan os traballos para definir a solución para a grada norte, as melloras no peche perimetral e o resto das actuacións previstas, Concello e Deputación manteñen así a súa aposta pola renovación progresiva da Marosa e polo futuro do deporte burelés.






















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



