A Mariña, 5 de setembro, 2026. Houbo un ferido en cada un.
O primeiro accidente ocorreu arredor das 10:20 horas, no quilómetro 548, punto que sería cortado en ambos sentidos por mor da néboa. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, tratábase dunha colisión entre un camión, un turismo e unha furgoneta, co condutor deste último vehículo ferido.
Os xestores do 112 Galicia informaron do accidente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou persoal sanitario ata o punto para tender ao ferido. Tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico.
No segundo accidente, que se produciu contra as 11:15 horas no quilómetro 548,5, pertencente ao municipio de Abadín, colidiron dous turismos, cunha única persoa ferida. Nesta intervención participaron de novo o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil de Tráfico.
Cómpre mencionar que a estrada continúa pechada á circulación no quilómetro 548.






















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



