A Mariña, 5 de setembro, 2026. A problemática urbanística de Barreiros non é nova nin allea á historia da defensa ambiental en Galicia. Durante os anos de maior expansión urbanística do concello, ADEGA advertiu reiteradamente das consecuencias dun modelo baseado nun forte crecemento edificatorio no litoral, na ocupación de solos sen as condicións urbanísticas e de servizos necesarias e nos impactos que este proceso estaba a provocar sobre o territorio e os espazos naturais.
ADEGA non se limitou a expresar o seu rexeitamento ao modelo urbanístico de Barreiros, senón que levou a defensa do territorio aos tribunais. A organización exerceu como acusación particular no procedemento xudicial aberto polas irregularidades na concesión das licenzas urbanísticas, no que estaban implicados o alcalde, a arquitecta municipal e outros membros do equipo de goberno. Consideraba que as actuacións realizadas a partir de 2006 constituían graves vulneracións da legalidade urbanística e ambiental, e reclamou a depuración das responsabilidades correspondentes e a restauración da legalidade. Posteriormente, a asociación tamén recorreu o denominado Plan Sectorial de Barreiros, promovido como vía para dar cobertura á situación urbanística creada neses anos.
Neste contexto, ADEGA e a veciñanza impulsaron no ano 2010 a plataforma «Barreiros: máis talento e menos cemento», como expresión dunha posición clara: a ordenación do territorio debe servir ao interese xeral, á protección ambiental e a unha planificación responsable, e non á expansión urbanística sen control.
A cuestión volve estar de actualidade en Barreiros a raíz das sentenzas que afectan a varios chalets cuxa demolición foi ordenada polos tribunais. Ante esta situación, ADEGA lembra que a solución aos problemas xerados por actuacións urbanísticas irregulares non pode consistir simplemente en legalizalas a posteriori, senón que debe partir da restauración da legalidade e, cando proceda, da reparación dos danos ocasionados ao territorio.
A asociación considera, ademais, que calquera solución aos problemas urbanísticos herdados debe evitar tanto a consolidación de situacións irregulares como o agravio comparativo con aquelas persoas e concellos que cumpriron as normas. Legalizar a posteriori actuacións realizadas á marxe do planeamento transmite a idea de que incumprir a normativa pode acabar tendo recompensa, mentres quen actuou conforme á legalidade soporta as cargas e limitacións derivadas do cumprimento das regras.
Desde esta perspectiva, ADEGA defende en Barreiros e no conxunto de Galicia un desenvolvemento urbanístico baseado na legalidade e nunha planificación responsable, especialmente necesaria nun litoral sometido a unha crecente presión e vulnerabilidade polo cambio climático. A asociación considera que o crecemento debe responder a necesidades reais e ser compatible coa capacidade do territorio e coa protección dos seus valores naturais e paisaxísticos, establecendo límites claros á ocupación de espazos especialmente sensibles. ADEGA continuará, por tanto, exercendo o seu labor de defensa do territorio e reclamando o cumprimento das garantías ambientais e urbanísticas cando sexa necesario.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.


