Ameijide: “Temos unha provincia con iniciativas extraordinarias, con concellos, asociacións, empresas e colectivos que realizan un enorme esforzo para atraer visitantes e poñer Lugo no mapa turístico. A Deputación debería ser a primeira interesada en coñecer, divulgar e recoñecer ese traballo e facer atractivos estes galardóns”
Lugo, 11 de setembro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular critican o fracaso do PSOE e do BNG na xestión e promoción dos premios do Consello Provincial de Turismo, despois de que nesta edición tan só se concedesen catro dos sete galardóns previstos.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, considera que estes premios “deberían ser unha ferramenta para dar visibilidade, recoñecer e poñer en valor o traballo que se desenvolve nos concellos e no tecido asociativo e empresarial da provincia en favor do turismo”, polo que “lamentamos a escasa difusión que se está a facer da convocatoria desde a Deputación”.
“Non ten sentido que existan sete premios para recoñecer iniciativas turísticas da provincia e que, finalmente, só se concedan catro. Se a Deputación quere que estes galardóns teñan prestixio e sexan unha referencia, ten que apostar por eles, promocionalos para que as entidades e concellos coñezan a convocatoria e se animen a presentar as súas propostas”, explicou.
Ameijide considera que o resultado desta edición é unha mostra máis da falta de ambición do PSOE e do BNG á fronte da Deputación en materia turística, ao non conseguir converter uns premios que poderían ter unha importante repercusión nunha auténtica plataforma para divulgar e promocionar os atractivos e iniciativas da provincia.
O voceiro popular sinala tamén que “cando menos é curioso” que as catro distincións concedidas recaen, curiosamente, en iniciativas promovidas por concellos gobernados polo PSOE. “Non cuestionamos en absoluto o mérito dos proxectos premiados, que merecen todo o noso recoñecemento, pero resulta cando menos curioso que todos os galardóns vaian parar a concellos do mesmo signo político”, sinalou.
FELICITACIÓN AOS PREMIADOS
Antonio Ameijide aproveitou tamén para felicitar aos catro proxectos distinguidos, destacando o seu traballo e a súa contribución á promoción turística da provincia de Lugo.
Na categoría de Turismo Sostible, o premio recae en ‘Santaballa, Territorio de Memorias e Sostibilidade’, do Concello de Vilalba.
Na categoría ‘E para comer, Lugo’, o galardón foi para a Festa da Enfariñada, do Concello de Trabada.
Pola súa banda, na categoría ‘Lugo cambia’, os premios corresponden ao Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, do Concello de Xermade, e ao Festival do Viño da Ribeira Sacra, do Concello de Monforte de Lemos.
“Vemos como, unha vez máis, PSOE e BNG aproveitan a máis mínima oportunidade para blanquear e ensalzar a José Tomé. Deben de aclarar se esta distinción é outra das condicións pactadas da investidura “, sinalou.
Finalmente, Ameijide enviou unha reflexión a PSOE e BNG: “que non aproveiten para dicir que criticamos aos premiados, porque non é así. O problema está na falta de ambición e de difusión dos propios premios por parte de PSOE e BNG”.
“Temos unha provincia con iniciativas extraordinarias, con concellos, asociacións, empresas e colectivos que realizan un enorme esforzo para atraer visitantes e poñer Lugo no mapa turístico. A Deputación debería ser a primeira interesada en coñecer, divulgar e recoñecer ese traballo”, sentenciou.


















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


