A actividade desenvolverase os días 28,29 e 30 de Setembro de 19h a 21:30h e os días 2, 5, 6, 7 e 9 de Outubro no mesmo horario
Vilalba, 9 de Setembro de 2026. A Concelleira de Promoción da Lingua Mª Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda presentaron hoxe unha nova iniciativa, pensada para favorecer a necesaria integración da poboación migrante. Un Curso de Introducción á Lingua e a #Cultura Galegas para maiores de 16 anos que procedan de outros países e se acheguen por primeira vez ao galego.
A actividade desenvolverase os días 28,29 e 30 de Setembro de 19:00h a 21:30h e os días 2, 5, 6, 7 e 9 de Outubro no mesmo horario.
Será na Sala de Xuntas do Concello (2° andar) e o número de prazas ofertadas ascende ás 20.
Aqueles/as que o desexen poden inscribirse ata o día 25 de Setembro na Oficina de Turismo e a actividade será, por suposto, 100% gratuíta.
Ao remate do curso, entregarase un diploma ós alumnos acreditativo das 20h de formación.



















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



