Cervo, 7 de setembro, 2026. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, acompañados polo pedáneo da zona, Rubén Fernández, supervisaron o resultado dos traballos realizados no camiño de Grasnal, en Viladesuso, unha actuación financiada integramente con fondos propios do Concello de Cervo.
A intervención tivo como obxectivo mellorar as condicións de uso, seguridade e funcionalidade deste vial municipal, que dá servizo de maneira directa e indirecta a diversas parcelas agrícolas e propiedades da zona.
Os traballos centráronse especialmente na mellora do firme e do sistema de drenaxe. Así, actuouse nos tramos que presentaban un maior deterioro, realizando labores de regularización e preparación da superficie e a extensión dunha nova capa de rodadura, mantendo a natureza e funcionalidade do camiño existente.
A actuación tamén contemplou a mellora da evacuación das augas pluviais mediante a execución de novas tajeas, reforzadas con formigón, así como a limpeza, reperfilado e acondicionamento das cunetas existentes. Concretamente, o proxecto recolle actuacións sobre unha superficie total de 3.210 metros cadrados, ademais da intervención en diferentes elementos de drenaxe.
O investimento da actuación ascendeu a 47.702,58 euros, asumidos integramente con fondos propios municipais.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou que “seguimos traballando para mellorar as infraestruturas viarias do noso rural, atendendo ás necesidades da veciñanza e actuando sobre aqueles puntos nos que é necesario intervir para garantir unhas condicións adecuadas de seguridade e circulación”.
“Neste caso, ademais de mellorar o firme do camiño, prestamos especial atención ao drenaxe, que é fundamental para evitar o deterioro da vía e garantir que se manteña en boas condicións durante máis tempo”, sinalou.
García Caramés puxo en valor que “se trata dunha actuación financiada integramente con fondos propios do Concello, o que nos permite seguir avanzando na mellora e conservación das vías municipais e no compromiso que mantemos coa zona rural de Cervo”.
Desde o Goberno municipal sinalan que este tipo de actuacións forman parte do traballo continuo de conservación e mantemento da rede viaria municipal, co obxectivo de favorecer unha circulación máis cómoda e segura e mellorar os accesos ás vivendas, propiedades e parcelas agrícolas do rural. O proxecto define precisamente como finalidade reforzar a comodidade, seguridade, accesibilidade e funcionalidade do camiño.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



