O prazo de inscrición permanece aberto ata o vindeiro 8 de setembro
Viveiro, 7 de setembro de 2026. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación oficial da IV Xuntanza de Coches e Motos Clásicas Viveiro, un evento organizado polo Club Coches Clásicos Viveiro en colaboración co Concello que se celebrará o vindeiro sábado 12 de setembro. A cita xa conta a día de hoxe con máis de 60 vehículos inscritos confirmados, consolidándose como unha cita de referencia para os amantes do motor e do coleccionismo.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa recepción de participantes e formalización de inscricións no aparcamento dos Castelos, en Covas. Ás 12:00 horas iniciará a habitual ruta turística pola contorna, que incluirá unha parada para degustar uns pinchos e gozar da sesión vermú. A programación pecharase ás 15:00 horas cun xantar confraternidade.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou durante o acto a importancia de apoiar estas iniciativas: “A Xuntanza de Coches e Motos Clásicas xa é unha cita obrigada, unha data moi agardada que, cada ano, atrae a numerosos visitantes e apaixoados do motor de todo o territorio. Desde o Concello é un pracer colaborar con persoas que traballan para ofrecer alternativas de ocio de calidade en Viveiro”.
O prazo límite para inscribirse remata o martes 8 de setembro. Os prezos da inscrición son de 35 euros para os adultos, 20 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e gratuíto para os menores de 0 a 6 anos. Coa inscrición, cada participante recibirá un sombreiro de agasallo e diversas sorpresas.
Dado que as prazas para a comida son limitadas, as persoa interesadas deben formalizar a súa reserva chamando aos teléfonos de organización: 650 652 073 (David) ou 699 249 738 (Sandra).






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



