O programa municipal, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, volveu combinar propostas educativas, deportivas e de lecer para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares
Cervo, 8 de setembro, 2026. O Concello de Cervo puxo este martes o broche final a unha nova edición do programa Cervo Concilia, que acompañou durante todo o verán a preto de 150 crianzas de entre 3 e 12 anos con propostas pensadas para aprender, compartir e gozar do tempo de vacacións nunha contorna segura e dinámica.
Unha edición que, ademais, incorporou o servizo Cervo Madruga, pensado para facilitar aínda máis a conciliación das familias que precisaban ampliar o horario de atención. Así, as familias que o precisaron puideron levar as súas crianzas ao programa desde as 7:30 horas, contando con este servizo de atención temperá antes do inicio das actividades.
Ao longo do verán, o Cervo Concilia combinou deporte, natureza, creatividade e aprendizaxe a través de propostas moi diversas, entre elas kaiak, ioga, manualidades, clases de inglés, ou un taller de lingua de signos, entre outras actividades de carácter lúdico e educativo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou o balance positivo desta edición e salientou que “Cervo Concilia é xa unha iniciativa plenamente consolidada no noso calendario, pero cada ano intentamos renovala e ofrecer novas experiencias ás crianzas, porque queremos que desfruten do verán, que aprendan e que leven consigo bos recordos destas semanas”.
A rexedora subliñou tamén a importancia do programa desde o punto de vista da conciliación: “para as familias é fundamental contar con recursos que lles permitan compatibilizar as súas responsabilidades laborais coa atención ás súas fillas e fillos durante as vacacións escolares. O Cervo Concilia naceu precisamente con ese obxectivo, pero facéndoo desde unha perspectiva na que o tempo das crianzas estea tamén cheo de actividades, aprendizaxe, diversión e convivencia”.
Nesta edición, o desenvolvemento do programa foi posible grazas ao traballo dun amplo equipo humano formado por 14 monitores e monitoras e 22 voluntarios e voluntarias, aos que a alcaldesa quixo agradecer especialmente a súa implicación.
“Quero poñer en valor e agradecer enormemente o traballo de todas as persoas que fixeron posible o Cervo Concilia. Son moitas horas de dedicación, organización e acompañamento das crianzas, e esa implicación é fundamental para que o programa funcione e para que cada actividade se desenvolva da mellor maneira posible”, afirmou García Caramés.
A alcaldesa tamén agradeceu “a confianza das familias que un ano máis apostaron por este programa municipal” e asegurou que “desde o Concello seguiremos traballando para manter e reforzar iniciativas que dean resposta ás necesidades das familias de Cervo e que, ao mesmo tempo, ofrezan ás nosas crianzas alternativas de lecer saudable, educativo e enriquecedor”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



