O senador lucense asumirá a responsabilidade desta área na Cámara Alta, unha materia da que xa foi portavoz no Parlamento de Galicia
Lugo, 12 de setembro de 2026. O senador lucense José Manuel Balseiro Orol foi designado novo portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Popular no Senado. Deste xeito, Balseiro pasa a asumir a representación do principal grupo do Senado nunha das áreas con maior incidencia directa na vida diaria dos cidadáns, relacionada co emprego, a calidade e estabilidade dos postos de traballo, as relacións laborais, a negociación colectiva, a prevención de riscos laborais e as políticas que afectan a empresas, autónomos e traballadores.
Para o senador popular, esta nova responsabilidade supón “unha honra, pero sobre todo unha enorme responsabilidade”, e comprometeuse a exercela “desde o diálogo cos axentes sociais, o contacto coa realidade dos traballadores e das empresas e a defensa de políticas que favorezan a creación de emprego e a competitividade”.
A designación ten ademais unha especial relevancia para a provincia de Lugo, ao situar a un senador lucense como responsable a nivel nacional dunha das principais áreas de traballo parlamentario do Grupo Popular na Cámara Alta.
Balseiro xa conta cunha ampla experiencia nesta materia. Durante a pasada lexislatura do Parlamento de Galicia exerceu como portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario Popular, responsabilidade que compatibilizou coa portavocía de Infraestruturas. Agora trasladará esa experiencia ao Senado, dando continuidade ao seu labor político nun ámbito que coñece de primeira man.
Natural do Valadouro, José Manuel Balseiro reside en San Cibrao, no municipio de Cervo, onde tamén é concelleiro e foi tenente de alcalde desde 1999 ata 2016, antes da súa designación como Delegado Territorial da Xunta en Lugo.
A súa traxectoria institucional está estreitamente ligada ao Parlamento de Galicia, onde foi deputado durante varias lexislaturas desde 2005. Entre outras responsabilidades, exerceu como secretario da Mesa do Parlamento, portavoz de Pesca, portavoz de Montes e, máis recentemente, portavoz de Infraestruturas e Emprego do Grupo Popular. Entre 2016 e 2020 foi tamén delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Na actualidade é senador pola provincia de Lugo e desenvolve unha intensa actividade na Cámara Alta. Balseiro é vicepresidente primeiro da Comisión de Investigación sobre os contratos e operacións vinculadas á trama Koldo e ao denominado caso Ábalos, e forma parte tamén das comisións de Transportes e Mobilidade Sostible, Facenda, Pesca e Traballo e Economía Social. Ademais, é membro da Comisión de Investigación sobre as deficiencias e presuntas irregularidades na xestión da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).
Balseiro destacou que a súa condición de portavoz nacional permitirá tamén trasladar ao debate parlamentario “a realidade dunha provincia como Lugo, cun importante peso do emprego industrial, agroalimentario e pesqueiro, cun tecido formado fundamentalmente por pemes e autónomos e cunhas necesidades específicas vinculadas ao rural e ao reto demográfico”.
O senador lucense asegura que afronta esta nova etapa coa vontade de “defender políticas laborais que creen oportunidades, dean seguridade aos traballadores, faciliten a actividade de autónomos e empresas e permitan que territorios como Lugo poidan competir en igualdade de condicións”. “É unha responsabilidade nacional que asumirei pensando no conxunto de España, pero tamén coa satisfacción de que Lugo teña voz directa nunha área tan importante dentro do Grupo Popular no Senado”, concluíu.
















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



