O Valadouro, 12 de setembro, 2026. Tal como o BNG denunciara xa en febreiro deste ano —e tamén hai dous e tres anos—, a situación no Centro de Saúde do Valadouro, lonxe de mellorar, continúa empeorando. O concello leva dous anos sen os dous médicos que lle corresponden por cadro de persoal.
Tras as mobilizacións da veciñanza e despois de que o BNG levara o asunto ao Parlamento en abril de 2024, as prazas foran cubertas de maneira provisional. Porén, aquela solución resultou ser apenas un parche, unha resposta momentánea para acougar as protestas veciñais e as reclamacións do BNG. “Agora mesmo volvemos practicamente ao punto de partida de cando comezaran as mobilizacións: cun só facultativo en vez dos dous que nos corresponden, un facultativo que ademais atende moitas semanas de forma intermitente e cambiando a miúdo de médico”, afirmou o portavoz municipal Eduardo Chao. Engadiu tamén que “a pouco convincente resposta que lle deran ao noso deputado Daniel Castro no Parlamento xa facía prever que a solución ía ser un parche”.
Chao lembrou que a gravidade da situación non é algo puntual nin accidental, pois deriva de dúas xubilacións totalmente previsibles que non foron cubertas a tempo por quen tiña a responsabilidade de facelo.
Apoio ao persoal sanitario
O grupo municipal do BNG amosa o seu apoio a todas e todos os profesionais que traballan no Centro de Saúde do Valadouro, que tamén sofren esta situación e que, co seu esforzo, atenden todo o que poden.
Exixen a cobertura inmediata das prazas
Desde o BNG local esixen a cobertura inmediata das dúas prazas médicas e anuncian que levarán o tema ao vindeiro pleno. Non descartan convocar novas mobilizacións se estas prazas non son cubertas de xeito urxente. “Non imos permitir que o PP deixe ao Valadouro sen médicos”, afirmou o concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro.
Críticas ao PP do Valadouro
Chao e Teijeiro incidiron no “nulo compromiso” e no “inexistente traballo” do actual alcalde e do equipo de goberno do PP para recuperar os dous médicos que lle corresponden ao centro de saúde. “A dilixencia do señor Lamela non parece ser moita á hora de reclamar os dous médicos. Non sabemos se é porque non quere, non pode, non sabe ou porque lle mandan no seu partido estar calado”, afirmaron.
Tamén lembraron que a principios do verán o BNG levou a pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a non pechar 36 camas durante os meses de xullo, agosto e setembro no Hospital da Mariña. O señor Lamela e todo o Partido Popular do Valadouro votaron en contra.
Dous alcaldes en tres anos, pero dous médicos menos
Os nacionalistas tamén fixeron referencia á situación política do concello neste mandato, no que a exalcaldesa Mª José Fernández destituíu aos concelleiros do BNG e do PSOE, entregando a alcaldía ao PP. “Nestes tres anos xa houbo dous alcaldes, pero seguimos sen os dous médicos”, sinalan desde o BNG.
O BNG do Valadouro insiste en que levará este asunto ao pleno para que quede claro quen está coas demandas veciñais e quen está ás ordes de Rueda, “que non para de recortar servizos sanitarios, sobre todo en concellos pequenos”.
“Queremos saber tamén se a exalcaldesa está cos veciños e coas súas xustas demandas —pois anteriormente estivo na pancarta reclamando dous médicos— ou se está xa do outro lado, co PP que nos recorta servizos”, conclúen desde o BNG.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


