A conselleira do Medio Rural deu a benvida ao alumnado que comeza este novo curso no CFEA Pedro Murias de Ribadeo, cun 73 % máis de matriculacións nos seus ciclos, entre os que destaca o novo de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal
Ribadeo, 11 de setembro de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, achegouse hoxe ata Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo para darlle a benvida ao alumnado que comezan o curso nel. Durante a visita, destacou o éxito da formación agraria en Galicia, con 614 persoas matriculadas nestes centros dependentes da Consellería, o que supón un 10 % máis con respecto ao curso anterior.
Deste xeito, a titular do departamento salientou que estas cifras amosan a consolidación da tendencia á alza do número de matriculacións nos últimos anos, o que demostra a demanda que está a ter en Galicia a formación na rama agraria. A maiores, tamén puxo en valor que preto da metade das persoas matriculadas son mulleres, o que amosa que se segue avanzando na presenza feminina nos sectores máis masculinizados. Neste sentido, no Pedro Murias as alumnas supoñen o 50 % das matriculacións, mentres que noutros centros como os de Guísamo ou Sergude, a súa presenza é maioritaria.
A conselleira destacou que os diferentes CFEA repartidos polo territorio son de moita importancia para o agro galego, xa que é o lugar onde se forma ás futuras persoas traballadoras do rural, impulsan a remuda xeracional e contribúen a profesionalizar este sector. Así, resaltou que se traballa ano tras ano para mellorar a súa oferta formativa para ofrecerlle á mocidade unha formación de calidade vencellada coa rama agraria.
Gómez lembrou algunhas novidades neste ámbito, como o novo ciclo superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal no CFEA Pedro Murias, que se suma a outras do pasado curso como foron a reapertura da residencia nese centro de Ribadeo, con 21 prazas para favorecer a conciliación do alumnado; a oferta do curso de Especialización e Floraría e Arte Floral en Guísamo; ou a ampliación das prazas na FP Dual (intensiva) de Gandaría e Asistencia Animal en Sergude.
Un 73 % máis de alumnado en Ribadeo
Nesta benvida ao alumnado do CFEA Pedro Murias de Ribadeo, a conselleira destacou que este centro conta este curso 2026/2027 con 52 alumnos e alumnas, sendo o que experimenta un maior crecemento no número de matriculacións, cunha suba superior ao 70 % con respecto ao anterior.
Neste sentido, puxo de relevo que esta evolución coincide co reforzo da oferta formativa, que este ano estrea o ciclo superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, moi demandando e o cal conta con 22 persoas matriculadas. Isto supón que este ciclo representa máis do 40 % da matrícula total deste centro.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



