Os representantes do PP de Lugo critican que a CHMS pretenda xerar liquidacións anuais a 25 anos cambiando as regras do xogo “unha vez rematado o partido” e pasando de cooperar cos concellos a actuar como unha recadadora
Xermade, 16 de setembro de 2026. Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os deputados no Congreso, Jaime de Olano e Cristina Abades, denunciaron hoxe a intención da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de pasar liquidacións indebidas aos concellos lucenses por obras con convenios asinados e pechados con anterioridade á modificación lexislativa de maio de 2023.
Os parlamentarios populares puxeron como exemplo o caso do Concello de Xermade, que está a recibir cobros por unha taxa que non figuraba nas condicións orixinais do seu acordo. Concretamente, o convenio para as obras de rehabilitación do sistema de saneamento e depuración do núcleo de O Campo da Feira —cun importe total de 320.000 euros— que foi asinado o 7 de outubro de 2021 e atópase xa finalizado.
A pesar disto, a CHMS emitiu o 29 de abril de 2025 unha liquidación pola Tarifa de Utilización da Auga (TUA) de 8.483,95 euros e aprobou para o exercicio de 2026 outra contía de 8.144,59 euros. A esta cifra súmase ademais no ano 2026 unha liquidación aprobada de 1.589,16 euros polas obras de protección e estabilización da marxe esquerda do Rego do Campo en Cabreiros.
CAMBIO DAS REGRAS DO XOGO A POSTERIORI
Segundo explican tanto os deputados como os senadores populares, a propia resposta oficial do Goberno recoñece que a esixencia da TUA para este tipo de obras hidráulicas deriva da modificación do Texto Refundido da Ley de Aguas a través do Real Decreto-ley 4/2023, do 11 de maio.
“As liquidacións que pretendan cobrar por convenios e obras iniciadas a partir do 11 de maio de 2023 poden axustarse á legalidade, pero no caso de Xermade estamos ante un convenio asinado no ano 2021, moito antes da entrada en vigor do decreto”, lembraron, ao que engadiron “sorpréndenos enormemente que a CHMS pretenda xerar liquidacións anuais durante os próximos 25 anos cambiando as regras do xogo unha vez rematado o partido e sabendo o resultado”.
DE ENTIDADE COOPERADORA A ÓRGANO RECADADOR
Os representantes do PP no Senado e no Congreso lamentaron a deriva deste organismo, asegurando que “a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pasou de ser unha entidade cooperadora dos concellos para a mellora dos servizos veciñais a converterse nunha mera axente recadadora para facer caixa a costa do orzamento municipal”.
Esta denuncia súmase á ofensiva parlamentaria mantida polo PP de Lugo, que cifra no entorno dos 17 millóns de euros o impacto económico total que a CHMS pretende esixir aos municipios da provincia ao longo do próximo cuarto de século por convenios antigos.
Os representantes do PP de Lugo avanzaron que demandarán explicacións e unha rectificación inmediata ao Ministerio para a Transición Ecolóxica para que paralice estas liquidacións retroactivas. “Se un tributo ou taxa non existía nin estaba recollido cando se firmou o convenio, o Goberno non lle pode inventar agora unha factura a posteriori aos veciños de Xermade nin de ningún outro concello da provincia”, concluíron.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



