O Goberno municipal reclama rigor e lealdade institucional e lembra que presentar un recurso forma parte dos mecanismos normais dun proceso de contratación, como xa ocorreu noutras tres ocasións no Concello desde a creación do TACGal
Burela, 14 de setembro de 2026. O Concello de Burela considera necesario aclarar as últimas afirmacións trasladadas polo Partido Popular sobre a licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e reclama rigor, responsabilidade e lealdade institucional á hora de informar ás veciñas e veciños sobre un procedemento que aínda está en tramitación.
CCOO presentou un recurso contra determinados aspectos dos pregos da nova licitación e corresponde agora ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGal) analizalo e resolvelo. É un mecanismo normal de revisión dentro da contratación pública.
“Non hai que anticipar conclusións. Hai un recurso e hai un Tribunal que o vai resolver. Se o TACGal entende que hai algún aspecto que debe modificarse, modificarase e o procedemento continuará. Se entende que os pregos son correctos, continuará igualmente. Así de sinxelo. Para iso existen estes mecanismos de revisión”, sinala a alcaldesa, Carmela López.
López lembra que esta situación tampouco é inédita no Concello de Burela: “Os antecedentes son claros. O Partido Popular presenta agora como algo inédito unha situación que non o é. Desde a posta en funcionamento do TACGal en 2018 tramitáronse outros tres recursos especiais en materia de contratación relacionados co Concello de Burela. E, por certo, o primeiro deles foi promovido polo propio Grupo Municipal Popular, en relación cos pregos do contrato do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria, limpeza de praias e xestión do punto limpo. O TACGal resolveu inadmitir aquel recurso”.
O Concello aclara tamén que a celebración dun pleno extraordinario urxente tampouco é un feito inédito en Burela. Existen antecedentes, entre eles sesións celebradas en 2020 e 2022. Neste caso, a convocatoria respondeu ao prazo existente para atender o requirimento do TACGal e remitir a documentación correspondente.
A alcaldesa lembra, ademais, que toda esta cuestión foi explicada no propio Pleno:
“O Pleno está gravado e é público. Calquera veciña ou veciño pode velo, escoitar as explicacións e as intervencións de todos os grupos e sacar as súas propias conclusións. Os feitos están aí”.
O Concello continuará colaborando co TACGal e remitindo toda a documentación necesaria ata que o Tribunal resolva.
“Aquí non hai ningún resultado que anticipar. Hai un procedemento administrativo en marcha e un órgano independente que vai resolver. A Administración funciona así: con procedementos, controis e garantías. A política tamén debería estar á altura: facer oposición é lexítimo; converter cada trámite nunha sospeita e substituír os argumentos pola descalificación, non”, conclúe López.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


