A asociación impulsa, xunto coa ACIA Burela, a campaña «Lémbrate de min» e súmase tamén á campaña de CEAFA «O “NON” xa non é resposta»
Burela, setembro de 2026. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora o 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Burela (AFAN Burela) desenvolve ao longo deste mes diversas accións destinadas a achegar á sociedade a realidade da enfermidade, sensibilizar sobre o seu impacto e poñer en valor a importancia da prevención, da estimulación cognitiva e do apoio ás persoas afectadas e ás súas familias.
🟣 Campaña «Lémbrate de min»
AFAN Burela, en colaboración coa ACIA Burela, pon en marcha un ano máis a campaña «Lémbrate de min», centrada en sensibilizar, dar visibilidade ao Alzheimer e concienciar sobre a importancia da prevención.
As persoas usuarias do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica colaboraron no empaquetado dos materiais que se comercializan nos establecementos participantes.
A campaña inclúe cadernos de estimulación cognitiva para nenos e adultos, elaborados coa colaboración de Breixo Mariño, creador de PidoPapas. Pasatempos en galego.
Os cadernos inclúen: actividades de estimulación cognitiva, información sobre sinais de alarma do Alzheimer, información sobre o labor de AFAN Burela, bolígrafo (adultos) ou caixa de lapis de cores (nenos).
Os paquetes están á venda nos 49 establecementos adheridos á ACIA Burela, e a recadación íntegra destinarase a AFAN Burela.
A asociación agradece a colaboración da ACIA Burela e de Breixo Mariño.
🟩 AFAN Burela súmase á campaña de CEAFA: «O “NON” xa non é resposta»
Este ano, AFAN Burela participa tamén na campaña estatal impulsada pola Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias (CEAFA), baixo o lema «O “NON” xa non é resposta».
A iniciativa reivindica: que a innovación e os tratamentos aprobados cheguen ás persoas que os precisan, que non existan desigualdades por motivos económicos ou territoriais, que se escoite a voz das persoas diagnosticadas, que se lembre que o Alzheimer non espera.
Os establecementos adheridos á ACIA Burela exhibirán os carteis da campaña, converténdose en espazos de sensibilización e contribuíndo a visibilizar a mensaxe na vila.
🟫 «Memoria dos Sabores»: tradición, natureza e estimulación terapéutica
Outra das actividades do mes é o proxecto «Memoria dos Sabores», enmarcado no Plan Action da Fundación Alcoa e dirixido ás persoas usuarias de AFAN Burela, coa participación de voluntariado de Alcoa e a colaboración do Grupo Casa Barbeiro (Alfoz).
A experiencia combina: tradición gastronómica, contacto coa natureza e cos animais, estimulación terapéutica, apoio humano.
A través da degustación de queixos artesanais e da visita á granxa, as persoas participantes poden conectar con recordos persoais e culturais, favorecendo o benestar emocional e a calidade de vida.
🟦 Mesas informativas o 21 de setembro
O 21 de setembro, AFAN Burela instalará mesas informativas no Centro de Saúde de Burela e no Hospital da Mariña, de 10:00 a 13:00 h.
Ofrecerase información sobre: demencias, sinais de alarma, recursos dispoñibles, programas da entidade.
Tamén estarán dispoñibles: os paquetes da campaña «Lémbrate de min», sacos térmicos elaborados coas familias, lotaría de Nadal, co obxectivo de recadar fondos para manter os programas da asociación.
🟪 Burela ilumínase de violeta
O Concello de Burela súmase á conmemoración iluminando diferentes puntos da vila e a fachada da Casa Consistorial en cor violeta, como mostra de apoio ás persoas afectadas e ás súas familias.
🟧 Un mes para lembrar e sensibilizar
Con todas estas iniciativas, AFAN Burela quere converter setembro nun mes para lembrar, sensibilizar e implicar á sociedade, poñendo o foco nunha enfermidade que afecta tanto ás persoas diagnosticadas como ao seu contorno familiar e social.
A asociación anima á cidadanía a participar, achegarse ás mesas informativas e colaborar coas iniciativas para facer visible o Alzheimer, apoiar ás familias e promover unha sociedade máis sensibilizada, inclusiva e comprometida.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



