Ribadeo, 30 de maio de 2026. Ribadeo acolleu o I Foro Alzheimer cunha xornada dedicada á información, apoio e recursos para familias e coidadores. Foi organizado pola Área de Benestar Social... Ler máis
Carmela López recibiu aos usuarios de AFAN Burela que viaxaron este martes co Coñece a túa provincia
Recalcou a mandataria provincial “a importancia de iniciativas coma esta, que permiten achegar o noso patrimonio natural, cultural e histórico á veciñanza” e recordou que nesta sexta edición... Ler máis
O Presidente provincial, José Tomé Roca, vén de formalizar no Pazo de San Marcos esta axuda coa entidade mariñá, que presta atención no Centro de Respiro Familiar a unha vintena de usuarios... Ler máis
Burela, 17 de setembro, 2025. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela) está a realizar diversas... Ler máis
Burela, 14 de abril, 2025. AFAN Burela pon en marcha “Xermolo”, un novo programa de estimulación cognitiva dirixido a persoas con diagnóstico precoz de enfermidade de Alzheimer o... Ler máis
Burela, 16 de setembro, 2024. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela) está a realizar diversas... Ler máis
Burela, 30 de maio, 2024. O vindeiro xoves, 6 de xuño, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela dará comezo en Cervo ao cuarto curso “Coidados Compart... Ler máis
Burela, 17 de abril, 2024. O vindeiro luns, 22 de abril, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela dará comezo en Ribadeo ao curso “Coidados Compartido... Ler máis
Burela, 12 de marzo, 2024. O vindeiro luns, 18 de marzo, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela dará comezo en Alfoz ao curso “Coidados Compartidos”... Ler máis
Está protagonizado por cinco membros do Panel de Expertos de Persoas con Alzheimer (PEPA), un grupo promovido pola Confederación Española de Alzheimer e outras Demencias (CEAFA) e formado po... Ler máis
Burela, 11 de setembro, 2023. Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela) está a realizar diversas... Ler máis
Burela, 20 de abril, 2023. A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN) ten aberto o prazo para inscribirse no Grupo de Axuda Mutua para coidadores de enferm... Ler máis
Burela, 29 de abril, 2022. O programa de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano”, da Fundación Expomar viviu este xoves 28 de abril a súa xornada principal, cunha ch... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



