Ribadeo, 11 de agosto, 2026. O BNG de Ribadeo volve denunciar a “nefasta xestión” e a “falta de planificación” do goberno municipal do PP na coordinación das obras e dos eventos na vila. Segundo a formación nacionalista, a situación derivou nun caos circulatorio que está a causar “prexuízos inasumibles” á veciñanza e ás persoas que visitan Ribadeo.
Atascos de ata tres quilómetros na Avenida de América
A concelleira do BNG, Raquel Ferreira, sinala que a Avenida de América se converteu nun dos puntos máis críticos. A execución das obras nestas datas está a provocar colapsos diarios, con caravanas que chegan “a case tres quilómetros”.
Ferreira subliña que as obras sempre implican molestias, pero que un goberno “responsable e competente” debe organizar tempos e actuacións para minimizar o impacto no día a día da xente.
Escenario sen accesos e veciños bloqueados na rúa Buenos Aires
O BNG tamén critica a falta de previsión na organización de eventos. Como exemplo, Ferreira lembra o sucedido esta fin de semana na rúa Buenos Aires e na contorna da Praza do Campo: coa rúa xa en obras, o goberno decidiu instalar un escenario sen prever accesos, impedindo que a veciñanza puidese saír dos seus garaxes.
Ademais, os vehículos estacionados no aparcamento da rúa do Pipelo quedaron sen alternativa de saída que non fose circular por unha dirección prohibida.
Eventos sen control e impacto na calidade de vida
Para o BNG, este episodio evidencia un problema estrutural na xestión do espazo público: a proliferación de eventos “sen control nin previsión” afecta directamente á mobilidade, á calidade de vida e á actividade comercial.
“Un goberno esgotado e incapaz de reaccionar”
Ferreira conclúe que o executivo local está “esgotado” e sen capacidade de reacción:
“Despois de tres anos nos que a xestión municipal foi claramente a peor, este goberno demostra que xa non ten moito máis que ofrecer. A improvisación e a falta de modelo de vila convertéronse na súa norma. Ribadeo precisa unha xestión á altura, que planifique, que escoite e que resolva problemas en lugar de crealos”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



