A presenza e actuación de Vox na Galicia, Catalunya e Euskadi vén sendo obxecto duna clara e sostida impugnación social e política. As últimas veces, nestas mesmas datas ou hai poucas semanas en Sada, Lugo, Cangas do Morrazo ou Compostela. Non se trata dunha mera desputa partidaria de conxuntura, senón dunha reacción profunda, xurdida da propia cidadanía e do tecido institucional destes países, fronte un proxecto político profascista que nega de plano a realidade plurinacional estatal, os seus dereitos lingüísticos e a diversidade social que os caracteriza. Diante desta realidade, xurde a pregunta inevitábel: como debe responder unha democracia liberal a respecto de quen utiliza as súas propias garantías para tentar destruila?
Cómpre contextualizamos o debate. A liberdade ideolóxica e o pluralismo político son os alicerces do Estado de Dereito, da civilización. E a civilización non pode perseguir a discrepancia. A nosa arquitectura constitucional -e a de calquera democracia europea avanzada- garante que todas as opcións políticas teñan cabida no debate público, sempre que respecten as regras do xogo.
Agora ben, é precisamente no respecto a esas regras por parte dos extremistas de Vox onde se atopa o nó da cuestión. Como formulou Karl Popper no paradoxo da tolerancia, unha sociedade que atura sen límites a intolerancia está condenada a ver destruída a propia tolerancia. A democracia non é un recipiente baleiro no que colle todo. E, por riba de todo, unha orde de valores fundamentais centrado na liberdade e dignidade humanas, na igualdade e na non discriminación por razóns de raza, sexo, xénero, ideoloxía e opinión.
Dende unha perspectiva xurídica, o artigo 10.1 da Constitución Española sitúa a dignidade da persoa como o alicerce da orde política e da paz social, mentres o artigo 14 prohibe calquera discriminación. Ningunha interpretación do dereito á participación política, recoñecida no seu artigo 23 ou da liberdade de expresión (artigo 20) pode servirse de cobertura legal para invalidar estes piares. O racismo, a xenofobia e o extremismo profascista non son “unha opinión máis“, senón ataques directos á condición de cidadanía.
Na mesma liña, o artigo 17 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos prohibe expresamente o abuso de dereito, impedindo que se invoquen as garantías democráticas para destruír as bases do propio sistema. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH), máximo intérprete dese Convenio e da xurisprudencia de dereitos fundamentais no ámbito do Estado español non recoñece que as expresións de odio racista, xenófobo ou homófobo estean amparadas na liberdade de expresión, como afirmou no caso Roger Garaudy vs France.
Fronte este perigo, o rexeitamento público a Vox achega un valor democrático de primeira orde como acto de autodefensa comunitaria. Mais, por desgraza, a dereita tradicional representada polo Partido Popular incorre nun erro estratéxico e político gravísimo: asumir e validar os marcos conceptuais, a linguaxe e a axenda ultra de Vox para obter axiña o Poder. O PP, contra o que ten desenvolvido-na súa maioría- a dereita conservadora europea non contén o extremismo, senón que o lexitima e homologa. Ao desprazar a “xanela de Overton“, o PP despreza o cordón sanitario que na Europa (nomeadamente Alemaña ou Francia) protexeu historicamente ás institucións, abrindo a porta á normalización de discursos incompatíbeis cos dereitos humanos.
A democracia liberal non pode ser inxenua nin suicida. Recoñecer a liberdade ideolóxica de todos non implica conceder ao extremismo un salvoconduto para esfarelar o Estado de Dereito dende dentro. As garantías constitucionais existen para protexer a liberdade, a igualdade e a dignidade, nunca para lle dar abeiro a quen busca destruílas.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



