Olalla Rodil critica que 22 dos 24 centros anunciando sexan para concellos do PP: “Rueda usa os dereitos da poboación maior para facer campaña”
Santiago de Compostela, 19 setembro 2026. O BNG ve no anuncio da Xunta de novas residencias en concellos maioritariamente gobernados polo PP (22 dos 24 centros, o 92%) “moito electoralismo e máis privatización”. Así o considera a súa portavoz de Política Social no Parlamento, Olalla Rodil, que critica que se constrúan estes centros sen ter en conta as listas de espera ou as necesidades da poboación dos demais concellos galegos, aos que a Xunta de Galiza “nin consultou”. “É gravísimo”, considera a deputada.
Sinala que o único criterio obxectivo de selección é que son concellos con menos de 25.000 habitantes, é dicir, 297 dos 313 concellos galegos, ser argumentar que as razóns polas que se escolleron estes 24 nin porque a Xunta non en conta o número de persoas solicitantes de residencia que non teñen praza.
“O BNG sempre se defendeu que o criterio para distribuír novos equipamentos de carácter social pasa por fortalecer a rede pública naqueles lugares onde existe unha maior demanda, unha maior lista de espera a día de hoxe para optar unha praza nunha residencia de maiores”, aclara.
Rodil recalca que o dereito a unha vellez digna “é un dereito fundamental que non pode acabar sendo obxecto do negocio e do lucro dun puñado de empresas”. Por iso, o BNG esíxelle ao PP que asuma a titularidade e a xestión pública desas 24 novas residencias e que o faga a través dos instrumentos que ten, como a Axencia Galega de Servizos Sociais, e despois que aclare por que se decidiu optar por uns concellos e non por outros.
O BNG vén denunciando que en Galiza hai un enorme déficit de prazas públicas de residencia. “O PP non pode usar os dereitos da poboación maior para facer campaña electoral”, critica Rodil. “É un despropósito que se este a xogar, en primero lugar, coas necesidades de milleiros de galegas e galegos dependentes que levan anos agardando por unha praza nunha residencia pública”.
A deputada nacionalista exemplifica coa residencia de Ribeira o electoralismo do PP, lembrando que se trata do mesmo centro que levan anunciando desde o ano 2021 “sen que o Goberno galego movese un dedo para construíla”, recordou.
“Máis ben, nestes últimos anos o que fixo o PP desde a Xunta foi pór atrancos, mesmo cambiando unilateralmente o espazo para a súa construción, o que aínda demorará máis o proxecto, alén de botar por terra o investimento realizado até o momento polo concello de Ribeira”, lamenta.
Máis privatización dos coidados
A deputada nacionalista denuncia ademais que o Goberno de Rueda xa avanzou que 700 prazas desas residencias serán para a empresa privada. Alertou de que, tendo en conta os antecedentes, as 1.100 prazas restantes probablemente serán privatizadas, tal e como fixo a Xunta coas residencias construídas pola Fundación Amancio Ortega en Lugo, Compostela, A Coruña, Pontevedra e Ferrol. “O caso de Lugo e da Coruña son máis que evidentes, acumulan xa denuncias das persoas usuarias, das traballadoras e de familiares, das persoas residentes por falta de personal, por incumplimento de ratios e por déficits e carencias na atención”, recalcou.
“Coma sempre, o PP engordando o negocio da privada aproveitándose da necesidade da xente maior e dependente que agarda desde hai anos por unha praza pública nunha residencia de maiores”, reproba, aclarando que, desde hai unha década, o goberno do PP na Xunta non asumiu a xestión pública de ningún centro residencial. “As prazas creadas nos últimos anos son privadas ou municipais, non da Xunta”, aclara.
É por iso que o BNG vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento para reclamarlle ao Goberno de Rueda que asuma a xestión pública directa de todas as residencias que anunciou e que se van construír, e que o faga a través da Axencia Galega de Servizos Sociais. Ademais, demándalle que se planifique a creación de novos equipamentos tendo en conta as necesidades reais (presentes e futuras de Galiza) e non dos intereses electoralistas do Partido Popular.
En segundo lugar, o BNG esíxelle “render contas” e entregar toda a documentación en relación a estas 24 residencias para coñecer que criterios utilizou a Xunta de Galiza para decidir os concellos nos que van construír, que compromisos deberán asumir os concellos e con que financiamento se van crear e xestionar.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



