A iniciativa parte do concelleiro de Educación e tenente alcalde, o nacionalista Mario Pillado que vén de presentar unha moción para tratar o tema e instar á Xunta a cumprir coas súas obrigas nos centros
Burela, 17 de setembro, 2026. O Tenente de Alcaldía e Concelleiro de Educación de Burela, Mario Pillado vén de presentar unha moción para o seu debate e votación no pleno ordinario deste mes de setembro sobre a situación dos centros educativos de Burela. Pillado sinala que “a realidade dos nosos centros é a da falta de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, problemas de eficiencia enerxética, problemas de persoal, filtracións, goteiras, humidades…en edificios xa antigos e que apenas levaron investimentos”
O responsable de Educación no goberno municipal continúa dicindo que “no CEIP Vista Alegre reclaman a necesidade dunha reforma integral ademais da cuberta da pista exterior, mentres que no IES O Perdouro, ademais de demandar tamén a cuberta da súa pista exterior solicitan melloras en canto a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e estabilidade estrutural do centro, así como mais persoal”
En términos semellantes pronunciouse a concelleira Sandra Fernández Cillero que indicou que “no CEIP OS Castros tamén demandan mais coidadoras e persoal de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) así como solucións para goteiras e humidades que hai en tódolos seus edificios, sobre todo, no ximnasio no que non poden dar aulas con normalidade”
Desde os centros denuncian ano tras ano as mesmas deficiencias sen que o PP desde a Xunta díe solucións.
“En días pasados volvimos novamente aos centros e desde alí a comunidade educativa fíxonos chegar as mesmas demandas que noutras ocasións, porque siguen sen resolver” salientou Pillado.
Para finalizar, o concelleiro titular da área de Educación no Concello de Burela e a concelleira de Asuntos Sociais representante tamén nos consellos escolares afirmaron que “Nos tentamos por todos os medios chegar aos responsables da consellería pero ningunha das reunións que solicitamos tiveron resposta, por iso, para dar solucións aos problemas do ensino en Burela e comprometer a quen se tén que comprometer presentamos esta moción que Daniel Castro en forma de proposición non de lei levará novamente ao Parlamento, ademais de formular as correspondentes preguntas en pleno e nas diferentes comisións”
O PP terá que explicar os motivos polos que marxina a Burela
Insistiron tamén @s edís nacionalistas en que o pobo de Burela tén dereito a saber tamén porque desde a Xunta e a Consellería de Educacion se marxina aos centros educativos do concello de Burela, porque como dixeron os representantes de pais e nais e direccións “non queremos ser máis ca outros colexios e institutos doutros concellos, pero tampouco menos” referíndose ás inversións que realiza a consellería.
O deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar tamén varias iniciativas ao respecto no Parlamento
Daniel Castro, que a semana pasada percorreu os centros educativos burelaos xunto cos edís Mario Pillado e Sandra Fernández reuníndose coa comunidade educativa vén de rexistrar diversas iniciativas no Parlamento co mesmo contido e as mesmas demandas ca moción presentada polo Bng en Burela, e todo esto tal como se comprometera cos centros, demandando acometer unha reforma integral no CEIP Vista Alegre que dea solución aos problemas relatados no informe que a comunidade educativa deste centro remitíu á propia Consellería de Educación. Instan tamén á Xunta a proceder á construccion da cuberta da pista exterior do IES Perdouro tal como levan demandando desde o centro desde hai anos, así como a dar solución ás eivas en materia de accesibilidade especialmente para as persoas con mobilidade reducida e proceder tamén á realizacion de obras para garantir a estabilidasde estrutural do edificio.
Demandan tamén da Xunta dar solucion aos problemas de humidade e goteiras no CEIP Os Castros e por último demandan tamén dotar aos centros educativos de Burela do persoal necesario para levar a cabo a súa actividade tendo en conta as circunstancias especiais que concorren nesta vila en canto a diversidade e multiculturalidade.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


