O conxunto de Juanma Marrube recibirá na primeira xornada de Segunda División a ElPozo Ciudad Murcia (venres 18, Vista Alegre, 20.30 horas)
Burela, 17 de setembro, 2026. Coa base das renovacións de Pitero, Alán, Izan, Raid e Nico, o novo Reyco Burela FS está composto por 14 xogadores, coas chegadas do hispano-brasileiro João Victor, o hispano-arxentino Facundo Ohanessian e o estremeño Manu Fernández para defender a portería, o andorrano Adriá Blat, o arxentino Enzo Báez e o granadino Fran Ortuño, na posición de ala, xunto ao pivote valenciano Pablo Moreno, o ala-peche almeriense Adri Mora e o peche brasileiro Gustavo Barbosa.
Para mañá, o Mariskal terá ao seu dispor a todos os efectivos despois de cinco semanas dunha pretemporada na que tamén participaron os xuvenís Walter e Felipe.
Ao longo deste mes, o Reyco Burela FS superou os amigables nos que se puxo a proba, sen obstáculos, cos triunfos con Ribeira FS (6-1), Xove FS (2-3), Noia Portus Apostoli B (6-0), O Parrulo (2-4) e Leis Pontevedra (0-6), ademais do empate con Valladolid Tierno Galván (3-3). O broche de test de preparación foi de 1-1 nun novo enfrontamento con Ribeira FS.
Entrada gratuíta para os menores de idade
Os menores de idade terán entrada gratuíta en Vista Alegre en virtude do convenio entre o Reyco Burela FS e a Fundación Imdecum.
O prezo para adult@s será de 10€ e a venda estará dispoñible en liña, a través de Cluber, e na taquilla de Vista Alegre.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


