Lugo, 25 de setembro de 2026. A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres diferentes medidas que teñen que ver coa consolidación do emprego público e co acondicionamento da rede viaria provincial, dúas das liñas de actuación permanente da institución provincial que buscan mellorar a calidade dos servizos que se prestan aos cidadáns.
Fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais e enfermeiras
A xunta de goberno autorizou o nomeamento de 16 traballadores como persoal fixo das residencias de maiores da rede provincial, unha medida que supón unha mellora tanto en materia de emprego e que redundará tamén na prestación do servizo ás persoas usuarias destes centros.
A Deputación finaliza deste xeito o proceso de estabilización do persoal das súas residencias, que dan emprego directo a 230 persoas.
Os procesos leváronse a cabo por concurso-oposición. Catro prazas de fisioterapeuta, correspondían ás ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2024; cinco prazas de terapeuta ocupacional pertencían ás ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025 e sete prazas de enfermería formaban parte das ofertas de emprego público de 2023 e 2025.
Á marxe das residencias, a xunta de goberno autorizou así mesmo o nomeamento de cinco auxiliares e catro porteiros. Nos dous casos son para cubrir prazas correspondentes ás ofertas de emprego de 2023. No primeiro caso foi por oposición e no segundo, por concurso-oposición.
Outros acordos adoptados polo órgano provincial este venres permitirán continuar reforzando o cadro de persoal da Deputación. Por unha banda, aprobáronse a convocatoria e as bases para elaborar unha listaxe de técnico superior de márketing e publicidade para prestar servizos de carácter temporal. Tamén se aprobaron a convocatoria e as bases para cubrir unha praza de oficial de taller de libro (encargado da restauración de libros e documentos). Neste caso está reservada á promoción interna vertical.
Apoio ao club Emevé
Finalmente, o equipo de goberno aprobou a concesión dunha subvención directa excepcional a favor da entidade Club Emeve co obxecto de colaborar no financiamento dos gastos derivados da actuación “Impulsando a enerxía feminina”, por un importe de 18.000 euros.
O Club Voleibol Emevé é unha entidade deportiva lucense de referencia en Galicia cunha estrutura consolidada que abarca desde as escolas deportivas de base ata competicións nacionais de máximo nivel.
O club conta cunha ampla envergadura integrada por equipos femininos e masculinos en todas as categorías, sendo recoñecido como o mellor club de base da comunidade en varias ocasións (2009, 2017 e 2024).
Ademais da súa actividade regular co deporte base e de elite, o Club Emevé destaca pola súa gran capacidade organizativa a nivel estatal a través de eventos como o Campionato de España de Seleccións Autonómicas infantil e cadete celebrado en Lugo o pasado mes de xuño, o cal reuniu a preto de 1.500 deportistas de todo o país.
Neste senso, esta fin de semana, o pavillón municipal acolle o I Torneo Internacional Cidade de Lugo, no que o Arenal Emevé compite contra clubs de relevancia como o Leixões SC de Portugal e o Ocisa Haro de La Rioja.




















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



