Pablo Díaz reclamará no pleno deste venres explicacións ao alcalde polo uso reiterado destes pagamentos e pola falta de medidas para corrixir as irregularidades na contratación municipal
Abadín, 24 de setembro de 2026. O voceiro do PSdeG de Abadín, Pablo Díaz, pedirá explicacións no pleno de mañá polos levantamentos de reparos do alcalde, José María López Rancaño, que suman 370.864 euros só entre os meses de xuño e setembro. Díaz acusa o rexedor popular de manter unha xestión baseada na contratación “a dedo” e de recorrer de maneira reiterada ao levantamento de reparos sen resolver as deficiencias na contratación.
“Rancaño levanta un reparo tras outro para pagar sen expediente de contratación, sen fiscalización previa e con gastos recorrentes tramitados como contratos menores. Non estamos ante algo puntual: é unha práctica sistemática e non se corrixen as irregularidades que a motivan”, denuncia Díaz.
Os documentos municipais recollen reparos suspensivos por omisión de expedientes de contratación, tanto en gastos tramitados como contratos menores como en prestacións recorrentes. Na relación de facturas aparecen servizos como a recollida e o tratamento de residuos, o mantemento do alumeado e das instalacións municipais, o SAF ou a conxerxería.
Para o portavoz socialista, esta práctica evidencia que o PP segue sen ordenar a contratación de prestacións habituais do Concello. “Rancaño segue actuando a dedazo, como hai trinta anos, sen adaptar a súa xestión ás esixencias da contratación pública. Se son servizos que se prestan de maneira continuada, ten que planificalos e sacar os contratos a concurso, como dita a lei”, reclama.
Por iso, o PSdeG esixirá que o Goberno local concrete que medidas vai adoptar e en que prazos para regularizar a contratación destes servizos e poñer fin á sucesión de levantamentos de reparos. Díaz reclama unha contratación transparente, planificada e sometida aos controis que corresponden á xestión dos cartos públicos.
No pleno, o grupo socialista preguntará tamén por dúas reclamacións xudiciais relacionadas cos pagamentos das obras da residencia de maiores que chegaron ao xulgado tras o silencio administrativo do Concello, así como polo custo que estes procedementos poden supoñer para a veciñanza.
Ademais, reclamará contedores para Bicos e Samordás, onde os residentes levan anos obrigados a desprazarse entre tres e catro quilómetros para depositar o lixo, malia unha moción socialista rexeitada polo PP. Pedirá tamén explicacións polas represalias denunciadas contra comercios e polo posible conflito de intereses da tenente de alcalde en relación cunha adxudicación á empresa Ingeniería Insitu, S.L.U., por importe de 16.419,94€.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



