Ameijide cre que “PSOE e BNG son un lastre para a provincia” e reclama ao goberno provincial que “deixe de confrontar e exerza as competencias que lle corresponden en materia de cooperación con todos os Concellos en lugar de estar continuamente tramando estratexias para poñer paos nas rodas aos demais
Lugo, 24 de setembro de 2026. O portavoz do Grupo Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, advirte dun “novo revés xudicial” para o goberno de PSOE e BNG. Neste caso, unha resolución para desbloquear a titularidade da Torre de Caldaloba, en Cospeito, a favor da Xunta de Galicia que permitirá desbloquear a súa situación para a recuperación deste Ben de Interese Cultural (BIC).
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, considera que “este fallo é unha demostración máis de que o único que quere a Deputación é paralizar a provincia. PSOE e BNG poñen os seus caprichos políticos por diante dos intereses dos lucenses”, incide.
Para o popular, o caso de Caldaloba evidencia “ata que punto unha confrontación política entre administracións pode acabar prexudicando aos veciños e impedindo que se desenvolvan proxectos que deberían estar centrados exclusivamente na recuperación e posta en valor do noso patrimonio”.
O Concello xa era propietario dunha metade e tiña previsto continuar desenvolvendo o plan contemplado no convenio asinado coa Xunta en xuño de 2022. Coa compra da outra metade por parte da Deputación de Lugo o plan paralizouse ata que a Xustiza outorgou a titularidade da outra metade á Xunta de Galicia que a cederá ao Concello. Ameijide afea que “PSOE e BNG leven preto de 5 anos boicoteando un proxecto en Cospeito e que teña que ser un xulgado o que aparte á Deputación -porque se negou a chegar a un acordo previo- para poder continuar coa recuperación da Torre da Caldaloba”.
Para o popular, “non é normal que un proxecto de recuperación dun elemento patrimonial tan importante para a Terra Chá se vexa condicionado durante anos por unha confrontación política”. Así, reclama ao goberno de PSOE e BNG que “pida desculpas aos veciños de Cospeito e de toda a comarca da Terra Chá polo tempo perdido”.
“Os veciños queren que os proxectos avancen, que se poña en valor o patrimonio e que as administracións cooperen. O que non necesitan son guerras políticas nin unha Deputación que poña paus nas rodas”, sinala Ameijide.
A CUARTA RESOLUCIÓN EN CONTRA DA DEPUTACIÓN NESTE 2026
O popular lembra que o caso de Caldaloba se suma a outras resolucións xudiciais coñecidas durante este ano que afectan á xestión da Deputación.
O Tribunal Supremo declarou nulas as actuacións relacionadas coa adquisición dunha acción de Tragsa e as posteriores encomendas de xestión, o que obrigou á Deputación a readmitir aos 16 traballadores de Suplusa que enviara a Tragsa.
O TSXG condenou á Deputación á apertura e posta en funcionamento inmediato da residencia e centro de día de Becerreá, dando a razón ao Concello na reclamación do cumprimento do convenio e dando por probada a “inactividade” do goberno provincial.
E, máis recentemente, a Xustiza anulaba a sanción de 25.000 euros imposta pola Deputación ao Concello de Ribadeo por realizar labores de desbroce na rede viaria provincial, tendo en conta que o Concello actuara ante un risco para a seguridade dos usuarios e despois da falta de resposta da institución provincial.
Para Ameijide, “son demasiados revés xudiciais nun mesmo ano como para que PSOE e BNG sigan gobernando dende o sectarismo político”.
O portavoz popular conclúe que “PSOE e BNG son un lastre para a provincia, un pau nas rodas para os avances da provincia de Lugo” e reclama ao goberno provincial que “deixe de confrontar e comece a exercer as competencias que lle corresponden en materia de cooperación con todos os Concellos para que os proxectos que necesita a provincia poidan avanzar”.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



