Os dispositivos de seguridade e atención garantiron un verán tranquilo e seguro para veciños e visitantes
Ortigueira, 24 de setembro de 2026. A tempada de verán de 2026 chega ao seu fin nas praias do Concello de Ortigueira cun balance positivo. Durante os meses estivais, os areais do municipio recibiron a veciños e visitantes que puideron gozar das súas xornadas de praia con normalidade e sen que se rexistrasen incidencias salientables.
Este resultado foi posible grazas ao traballo desenvolvido polos equipos de socorrismo, Protección Civil, Policía Local e o resto de profesionais implicados no dispositivo de seguridade e atención nas praias, cuxo compromiso e dedicación permitiron garantir unha tempada tranquila e segura.
Segundo os informes realizados polos equipos de socorrismo das praias de Morouzos e A Concha, entre ambos areais contabilizáronse un total de 73 intervencións de primeiros auxilios ao longo da tempada, 43 delas en A Concha e 30 en Morouzos. De todas elas, unicamente se reportou unha operación de rescate complexa en toda a tempada.
Un dos momentos destacados do verán foi o eclipse solar total do pasado 12 de agosto, un acontecemento que atraeu numerosos visitantes ao municipio de Ortigueira. Con motivo do fenómeno, o Concello puxo en marcha un dispositivo especial destinado a garantir que todos os asistentes puidesen gozar do acontecemento astronómico de maneira ordenada e segura.
Co peche da tempada, o pasado día 15 de setembro procedeuse ao arriado das bandeiras correspondentes á Bandeira Azul e á distinción “Praias sen fume”, dous recoñecementos que poñen en valor o compromiso do Concello de Ortigueira coa calidade dos servizos, a protección do entorno e o benestar de quen desfruta dos seus areais.
O Concello agradece o traballo e a colaboración de todas as persoas e equipos que contribuíron ao bo desenvolvemento da tempada estival e destaca a importancia de seguir traballando para manter e mellorar a calidade e seguridade das praias do municipio de cara aos próximos anos.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



